Páxinas

sábado, 15 de maio de 2021

Me chamábades ?

 
Hoxe merquei no Gadis que agasallaban un libriño de poetas e unha bolsiña de papel de Xela Arias. Mentres o Fóra de Vigho empezaba a vender unha obra de Pardo Bazán en español.


Eu falei hoxe en galego coma sempre. Falei co mecánico que me fala en galego de sempre e non sei se será de Mondariz que di " tivo ", " tiveron " e nunca escuitei iso no galego da rúa e só a xente que era de Mondariz ou Covelo, non lembro. No Eroski a caixeira faloume en galego como tamén o fixo a camareira da cafetería do barrio obreiro e antes expliquei a unha muller como se emprega a lavadora da lavandería e ela pedírame axuda antes en galego. Na froitería do Gadis tamén a muller falou galego e só non falou comigo en galego a caixeira á que lle tiven que pedir o libro que explicou a outro caixeiro que era un " regalo de las letras gallegas ". Tamén avisei do agasallo do supermercado á Adebalixe en galego mutuamente.

E así estamos: castrapeando de cada vez máis e a directora de Xela actúa dicindo toda chea: Me chamábades ?

2 comentarios:

  1. Orgulho de falar o dialeto da terra onde se nasceu.
    Estou de volta depois de três dias de cama, com febre, dores no corpo todo, vómitos e inchaço nos pés e mãos. E como toda a gente me diz que o pior é a segunda dose, estou bem arranjada. Bom mas o que interessa é que hoje já estou bem.
    Abraço, saúde e bom domingo

    ResponderEliminar
  2. Meus pais sempre me falaron galego, aínda que houbo momentos que o intentaron en castelán (horripilante, acoitelaban o idioma de Cervantes). Nunca o estudiei, pero agora á miña filla soe correxirme. Ás linguas que mellor falo son o galego e o inglés.

    ResponderEliminar

És humano ti ?