leoeosseus

luns, 1 de xaneiro de 2007

Derradeiro día de 2006



Onte foi o derradeiro día do ano e pasamos bastante do día por Vigo. Á mañá topounos nun centro comercial o amigo blogueiro Opaco e familia e o seu Pedriño quería acariñar a Leo. Despois de xantar no Firs dixen de irmos á praia e así o Leo puido coñecer a praíña onde o seu pai aprendeu a nadar. A praia ten o nome sonoro de O Cocho das dornas e está nunha punta de Samil, onde comezou o topless cando estaba proibido. O día estaba ventoso e o mar revolto e gústame cando está así e nos lembra a pouca cousa que somos.

Como non levamos cámara ilustro este texto cunha foto onde está o pai de Leo cos seus pais nesa praia.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 01:58, 02/01/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Un pracer coñecer á familia enteira, co Leo á cabeza :) Parabéns!

 
Ás 02:36, 02/01/07 , Blogger Nemeth dixo...

Que sorte ter unha praia perto, con bon e con mal tempo!

Feliz Aninovo! que O Leo medre a bon ritmo e que aprenda a ler nos Bolechas... eu tamén llos regalo aos meus sobriños pero con resultados máis que dudosos.

apertas fortes

 
Ás 16:35, 02/01/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois que sea un ano de moitos centímetros para o Leo, e que a felicidade que este lle truxo os seus se perpetue este 2007.

 
Ás 18:53, 02/01/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Dende aquela medraches un chisco...agora semellas un pouco mais grande

 
Ás 21:11, 02/01/07 , Blogger torredebabel dixo...

a maior riqueza que pode ter unha praia é o son das risas dos que son felices nela. Vese ben que esa da foto é riquísima!

 
Ás 23:09, 02/01/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Xa estamos no 2007 e non se acabou o mundo. Hai que seguir bogando. Bicos pra todos.

 
Ás 11:10, 03/01/07 , Blogger Paco Penas dixo...

Da gusto percibir a fertilidade do blogomillo.Así deste xeito a continuidade está asegurada...é curioso, dos dois cativos sempre estiven informado xa moito antes de nacer...agora ata teño curiosidade por coñecelos.
Un saúdo e os meus mellores desexos para o 2007.

 
Ás 15:01, 03/01/07 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

O mar... A praia... As olas...
Bo lugar para despedir o ano, para comenzalo... para todo.

 
Ás 21:04, 03/01/07 , Blogger moucho branco dixo...

Con esa foto pois queda como mais conceptual, unha viaxe xeneracional, :)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio