leoeosseus

xoves, 17 de maio de 2007

Meducos


O día das letras tócame seguir cos mobles e espero ter case rematado o choio. Outra xente paseará, irá á praia ou irá a algún acto que teña que ver co día das letras galegas. Tamén haberá xente que vaia apañar herba e monte os MEDUCOS que saen na foto. Cando eu era un rapaz e queriamos facer unha trasnada iamos os veciños máis eu alá polas leiras derrotando ese exército de inimigos a patadas e empurróns para desespero do dono que tiña a herba erguida así para que secase.
E esta é a miña contribución para o DLG: a palabra meduco que pode ser un monllo de herba ou un inimigo a derrotar por rapaces aburridos que merecen un bo turrón de ourellas.

Etiquetas: ,

12 comentarios:

Ás 17/05/07, 09:01 , Blogger Torreira dixo...

Eu que pensaba que o meduco era un medo pequeno Pai...apertas

 
Ás 17/05/07, 14:55 , Blogger *Sara dixo...

Estanme entrando unhas ganas de facer o mesmo ca ti de neno con eses meducos... :D

 
Ás 17/05/07, 17:05 , Blogger TXARI dixo...

creo que iso semprefoi, é e ¿será? diversión de cativos...quen se librou dese tirón de orelhas?

 
Ás 17/05/07, 18:13 , Anonymous Anónimo dixo...

Nunca oíra tal palabra.

 
Ás 17/05/07, 19:57 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

Eu tamén pensaba que un meduco era alguén con medo.
Saúdos neste Día!
PS: Para min os teus "meducos" son "feixes de herba", e hai un chiste que di: "Que lle di un feixe de herba a outro?:
Estamos apañados!"

 
Ás 17/05/07, 22:14 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu sí que coñecía os meducos ¡e que traballiño daban! Teño unha leira bastante xeitosa de trigo e, si non consigo quen mo veña mallar cando me cadre ben, xa me vexo uns poucos días a segar e enmeducar ó sol. Uf, só de pensalo...

 
Ás 18/05/07, 19:11 , Blogger Nemeth dixo...

non os vía dende que era pequeno!

unha aperta

 
Ás 19/05/07, 00:06 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Eu nunca vira unha cousa así, e tampouco coñecía a palabra... Encántame pasar por aquí, sempre atopo algunha cousa que non sabía!!
Moitas gracias por rescatar todas esas palabras, sería unha pena que se perdesen ou se esquecesen :)

 
Ás 19/05/07, 16:09 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Nunca escoitara/ lera esa palabra antes, agora xa pasa a formar parte dunha base de datos que estou facendo...
Grazas.

 
Ás 19/05/07, 20:29 , Blogger OSIÁN dixo...

Na zona, donde eu me criei, chamabanse medotes. Cantos anos fai que non vexo ningun.
Unha aperta

 
Ás 19/05/07, 23:24 , Blogger besbe dixo...

tampouco escoitara nunca meduco anque si os vira, monllo é o único que se me ocurría para chamarlle. Sobre o día das letras, paseino durmindo...Bicos!

 
Ás 19/05/07, 23:29 , Blogger paideleo dixo...

Eu topei a forma medouco no dicionario de Eladio Rodríguez e vese que é un diminutivo de meda que é o palleiro grande.
Por aquí creo que se fai de avea pero non estou seguro. Eu desfixen máis dun pero non fixen nin o primeiro.
Graciñas polos comentarios e espero que non vos dese medo e polo menos coñezades unha palabra nova ou fixera lembrarvos vellos tempos. Eu non coñecía a palabra medotes e xa a sei gracias ó día das letras galegas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio