leoeosseus

mércores, 27 de xuño de 2007

Nove meses


Hoxe o Leo fai nove mesiños. Como pasa o tempo !. Gústalle xogar coas mans dando palmas e arrandear a cabeza para negar. Encántanlle algunhas cancións. Segue esbarrufando e agora pon cara de vello arrugando o nariz e mostrando os dous sachiños. Tamén apreta as mans e a boca e ponse todo tenso cando quere. Quere agatañar pero só da un paso e tírase para arrastarse. Cando dorme colle as posturas máis raras posibles e asoma un pé pola separación dos barrotes e levanta o cu mentres pon a cabeza de lado. Segue coa teta e a papa do mediodía e a fruita da tarde. De noite segue espertando bastantes veces pero é a única lata que dá en todo o día.
Hoxe levámolo para facer unha foto cos primos pero non houbo xeito de que rise: había demasiadas novidades.
No choio aprendín un refrán dun camioneiro novo que non quixo estudiar seguindo os consellos dos pais. Díxome: quen non segue os consellos da boa mai segue os da mala madrastra.

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 01:13, 28/06/07 , Blogger mamiago dixo...

ummmm, o mellor para que durman toda a noite é que durman no seu cuarto, porque así non senten os nosos ronquidos... e non despertan.

 
Ás 01:45, 28/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Que pequeniño se ve nun berce tan grande. Dentro de nada terá mil sachiños. Ollo cos dedos.;)

 
Ás 02:11, 28/06/07 , Blogger torredebabel dixo...

que neno tan pero tan guapo! xa verás como en nada xa durme toda a noite e sen vos decatedes.

 
Ás 13:42, 28/06/07 , Blogger Moralla dixo...

Felicidades para o LEO!
Había tempo que non pasaba polo teu fogar!
un abrazo para ti e toda a familia
Biquiños de Yoli :-)

 
Ás 16:07, 28/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Veselle un neno feliz e non me extranha vendo como fala seu pai del!
Descubrir o mundo ten que ser unha pasada nesas idades, é unha pena que non nos acordemos de moito o medrar...

 
Ás 19:09, 28/06/07 , Blogger TXARI dixo...

evolucionas cando o teu filho, e creio que nom lhe han de faltar conselhos de bo pai, nom!!!

 
Ás 20:35, 28/06/07 , Blogger Torreira dixo...

Este neno está adoptado polo blogomillo e eu son un padrasto (malo) e orjulloso.Apertas pai

 
Ás 22:37, 28/06/07 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

PaideLeo: se me permite un consello, introduza na súa vida con Leo o inglés tamén xa que poderá acadar uns resultados moi bos.

 
Ás 23:27, 28/06/07 , Blogger Suso Lista dixo...

¡Que ingles! ¡O chino, tes que enseñarlle!.

 
Ás 23:49, 28/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

suso lista ten razon! o futuro e o chines, mira como van os parasitos do estado espanhol cara ala!

 
Ás 00:20, 29/06/07 , Anonymous Anónimo dixo...

¿que tal estaba o marisco?, éche unha boa cousa para celebrar o san pedro, pero mellor é celebralo con ese tesouriño que amosas no berce. a sabeliña fixo o 26 once meses, sempre esta a rir e non para nin un só segundo mentres está esperta; iso si, temos a sorte de que ás oito embarcámola no sono e non a rescatamos das sabas ata as oito do día seguinte

 
Ás 21:02, 29/06/07 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Suso, eu refírome ao inglés porque PaideLeo fala inglés pero se fala chinés tamén o engado a lista do consello

 
Ás 21:42, 02/07/07 , Blogger Mr Tichborne dixo...

Eu, se medrase falando galego xa estaba contento...
Un bico para Leo. Pero coidado cos sachos, que traban de verdade :)

 
Ás 21:09, 03/07/07 , Blogger X dixo...

Está visto que non podo tardar tanto en darme unha volta por esta a súa casa, que nun despiste destes xa o rapaz ao paso que vai nos monta un grupo heavy.
Saúdos para toda a familia.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio