leoeosseus

domingo, 15 de xullo de 2007

Novas ligazóns

Este domingo non foi un día ideal para pasear así que tiven unha sesión intensa de interrede. Uns blogueiros, por desgracia, deixaron de escribir pero en cambio descubrín outros como un arqueólogo en Neixón, la queue bleue, mueja ou un xaponés enamorado de Galicia. Tamén descubrín as fotos de Fernando Bellas que non teñen desperdicio e de exemplo está esta foto das Marías reais de Santiago, modelo das Marías que están no Paseo da Ferradura.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 01:44, 16/07/07 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

Fermosa (?) foto de Corelia e de Maruxa, e fructífera tarde, polo que vexo.
Un saúdo

 
Ás 13:46, 16/07/07 , Blogger Mario dixo...

Pois si que é curiosa a foto, estou tan afeito ás da Alameda que até me parecen raras as orixinais. Para outra vez que veñas avisa que aínda lle tomamos algo.

 
Ás 19:24, 16/07/07 , Blogger La queue bleue dixo...

:O Que me pongo colorada!
Eu já conhecia o teu blogue e mola-me porque fala de cousas, e sobretudo de lugares ;), mui familiares para mim.

 
Ás 20:26, 16/07/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Aínda as lembro cando paseaban as dúas pola rúa das Orfas. Eran un espectáculo. Xa choveu.

 
Ás 23:09, 16/07/07 , Blogger paideleo dixo...

Eu tiña a vaga idea de que as Marías da Ferradura tiñan unha orixe real pero descubrino onte fuchicando por aí.
Mario: creo que me situaches po´r Santiago pero non vou alá dende hai case un ano.
Graciñas a todos pola visita e comentario.

 
Ás 23:26, 17/07/07 , Blogger torredebabel dixo...

Graciñas polas suxestions e hai unha fermosisima referencia ás Marías na útima novela de Suso de Toro.

 
Ás 00:36, 18/07/07 , Anonymous Anónimo dixo...

algunha vez teño batido coa estatua destas dúas marías e pedirlles desculpas. A noite compostelá érache o que tiña!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio