leoeosseus

luns, 15 de outubro de 2007

Soñando co traballo

Segundo parece espertei falando do traballo. Resulta que traballo ata durmindo e o pior de todo é que non me pagan ese tempo.
Para rematar canso igual e non cobrar prefería soñar que xogaba con Leíño a pillar.


Etiquetas: ,

18 comentarios:

Ás 04:23, 16/10/07 , Blogger moucho branco dixo...

Xa te digo... e ese é un mal síntoma, eh?... cando eu tiven choios de andar a soñar con eles xa comezaba a pensar en sair un día pola fiestra do baño coa roupa de faena posta, :)

 
Ás 09:05, 16/10/07 , Blogger Mario dixo...

Si, a verdade é que era o que nos faltaba, ter que adicarlle máis horas aínda...

 
Ás 10:07, 16/10/07 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

se é que non hai nada como a vida de estudante. jiji.

 
Ás 13:17, 16/10/07 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

que feito o Leo! Non fagas trampas, que polo legal seguro que te pilla sempre el a ti.

 
Ás 14:58, 16/10/07 , Blogger Mr Tichborne dixo...

Cousa rara iso do subconsciente, que diría Froiz. A min dixéronme que falaba en alemán, manda carallo!

 
Ás 17:38, 16/10/07 , Blogger Fada Branca dixo...

Pois se non che pagan horar extras hai que falar co sindicato, ou mello soñar con leiño como dis

 
Ás 18:04, 16/10/07 , Blogger elfiña dos soños dixo...

Mellor botar un sono co Leo, vaites, que se te vai afacer un bo sono... hai que traballar menos
kiños

 
Ás 20:17, 16/10/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu tamén falo durmida, pero desde que non traballo é todo máis tranquilo.

 
Ás 22:40, 16/10/07 , Blogger Alexan dixo...

¡Iso é tremendo compañeiro!. Necesitas unhas vacacions pagadas e reducción de xornada para xogar con Leo.
Non che aconsello que vaias o Sindicato, diranche que non tes razón, que a empresa está mal.
Un saúdo

 
Ás 23:20, 16/10/07 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Anda tudo a queixar-se do mesmo. Excesso de trabalho e falta de dinheiro.

Leo a gatinhar? qualquer dia já começa a andar.
Um abraço prós dois.

 
Ás 23:22, 16/10/07 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

MOITO MAIS BONITO SOÑAR CON LEO

 
Ás 23:37, 16/10/07 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Eu tamén penso que necesitas unhas vacacións, cando un traballa ata en sonos.... mal asunto.
Mellor intenta pillar ao Leo, que coa velocidade que leva, non sei se o darás pillado.
saudiños.

 
Ás 01:11, 17/10/07 , Blogger mamiago dixo...

Pois si que corre!, moi ben por Leo. PaideLeo, ¿sabías que miña nai xa fai todo soliña no blog?, para ela iso e moito, e supoño que se sinte moi ben, porque ten moitas cousas que contar e sempre lle gustou escribir, inventar historias e isto axúdalle a súa expresión. Está aprendendo moito de informática. Bikos para toda a familia.

 
Ás 02:08, 17/10/07 , Blogger torredebabel dixo...

co bonito que era seguir xogando en soños en vez de traballar!!!! Pero falando en serio, vivimos nuns tempos de tanta alienacion, de tanta explotacion que levamos o traballo e o stress aos limites da saude. Eu voto por mais xogo e menos traballo!! ;-)

 
Ás 18:42, 17/10/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Eu voto por unha folga de soñadores que protesten contra o traballo e a escravitude dos soños non consentidos. Abaixo o subconsciente alienador. E que medren os xogos nas prazas e nas rúas dos nenos e dos pais.

 
Ás 16:03, 18/10/07 , Blogger TXARI dixo...

calqueira nom sonharía com sonhar isso...eu coido que volves á infäncia con cada jogo...a infáncia é contagiossa...quem poidera tambén elegir o que sonhar....

 
Ás 21:53, 21/10/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois desde logo é pereferible o soño co Leo. Din que soñar é unha liberación do subconsciente, ou do inconsciente...Mágoa que ás veces nos xogue malas pasadas...

 
Ás 19:35, 25/10/07 , Anonymous Anónimo dixo...

É o teu fillo? É precioso.Grazas polo comentario.Un saúdo

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio