leoeosseus

luns, 26 de novembro de 2007

As crónicas de Gáidil



 
Este ano as pupieiriñas estiveron lixeiras e o Leo máis eu recibimos dous agasallos dos que deixan pegada. Un era un fermoso libro de Kalandraka coa historia dun osiño que vai para cama despois de cear e bañarse. E o outro é o libro de rol " As crónicas de Gáidil ". Co que non contaba eu é que na páxina 61 aparecen Acedre e o seu fillo " O León " como habitantes de Grania. Este detalle produciume un arrepío e fíxome soltar algunha bagulla de ledicia: non tódolos días un pasa a ser inmortal ó convertirse en personaxe dunha obra escrita !.


Muitas gracias Breogán e Jan: sabedes chegar ó corazón.

Etiquetas:

11 comentarios:

Ás 23:38, 26/11/07 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Ora o pequerucho deve ter ficado todo contente com o facto do menino do livro ter o mesmo nome que ele. Lembro quando o meu filhote era pequeno a história que mais gostava de ouvir era o Pedro e o lobo porque ele se chamava Pedro.
Um abraço

 
Ás 10:04, 27/11/07 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

léalle moito moito ó Leo. Os libros de Kalandraka son impagables, por certo.


Un biquiño :)

 
Ás 13:56, 27/11/07 , Blogger Unknown dixo...

Esta moi ben que o Leo se enganche na lectura de pequeno. (tamén se vaia cedo para a cama, co tempo xa perderá o costume)

parabéns, eu tamén quero ser inmortal dalgún xeito pero no sei como.

 
Ás 18:45, 27/11/07 , Blogger Mer dixo...

Parabéns, logo. Menuda ilusión, xa non para o pai, senón para o cativo. É unha boa forma de introducir á lectura a un neno, sendo un participante da historia.

Unha aperta.

 
Ás 18:50, 27/11/07 , Blogger Mer dixo...

Carai, non vira o post das pupieiriñas. Estes días estaba preparando eu un post sobre elas para poñer no Nadal. Precisamente a foto que tiña era a mesma que puxeches tí o ano pasado.
Xa non o vou facer. Pode que poña algún comentario e un link ao teu post, está xenial.
Un saudiño.

 
Ás 20:40, 27/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

que bo!! haha
parabéns, viaxeiro XD

 
Ás 22:26, 27/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Señor Acedre, cuide do León, e do seu castro. Parabéns pola inmortalidade.

 
Ás 23:20, 27/11/07 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

Non era para menos, señor de Grania. Todo o apoio que deu o blogomillo non o podiamos devolver doutro xeito que en pequenas homenaxes. Agardo sexan do agrado de todos.

 
Ás 10:11, 28/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Que ilusión, non?

 
Ás 18:27, 05/12/07 , Blogger crispress dixo...

Noraboa. Coma boa amiga estou encantada de que pases a posteridade literaria :-)

 
Ás 13:28, 20/09/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Entendoche ben, ter un lugar nun mundo único!
O meu fillo e moi afecionado aos xogos de rol, ainda que agora non ten tempo.
Mesmo escribiu tamén un libro para os seus colegas, e nesas partidas él era o master, claro.
Pasou anos coa imaxinación e a estratexia dos rol... ai, pero ven o mundo e sentaseche enriba!

;)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio