leoeosseus

luns, 19 de novembro de 2007

Espirran as cabras



Parece mentira que ata hai ben pouco facía sol e bo tempo. Xa non facía calor pero había un soliño que convidaba a pasear. Hoxe empezou a chuvia desexada por muitos pero co ela veñen as catarreiras, toses e espirros. Por certo, por aquí cando unha persoa espirra dicimos: " Espirran as cabras, cheiran os castróns " ou " Espirran as cabras, ventan nortada ". Non sei a orixe destas frases humorísticas pero semella que as cabras valen para todo xa que no traballo chámanlle " pericas " ás carretillas e " pericas " son ... cabras.
En fin: a mal tempo boa cabra , digooo, boa cara.

Etiquetas: , ,

17 comentarios:

Ás 23:55, 19/11/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Catarreiras si, pero que non falte o bo humor.
Saúdos

 
Ás 09:11, 20/11/07 , Blogger Elianinha dixo...

Que cousas.... as pericas para min son as miñas amigas. As pericas por aquí, as pericas por alá. Pero sempre se está a tempo de aprendermos novas cousas.

 
Ás 10:13, 20/11/07 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

se chove deixa chover-e
se orballa deixa orballar-e
que eu ben sei das abrighadas
onde m'hei d'ir abrighar...


Sabiduría do pobo.

Un saúdiño.
(xa publiquei o teu fermoso encargo).

 
Ás 10:42, 20/11/07 , Anonymous Anónimo dixo...

As cabras espirran?????

 
Ás 11:03, 20/11/07 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Co que a min me gusta a choiva..... e parece que xa se quere retirar

 
Ás 17:00, 20/11/07 , Blogger Milego dixo...

O meu pai cando esbirra e lle din "saúde" sempre resposta cun "ghrasias castrón, da túa rasa non son" xD

Saúdos ;)

 
Ás 17:20, 20/11/07 , Blogger La queue bleue dixo...

Si?
Nós o que dizemos por aqui é: "espirram as cabras, vai cambiar o tempo".

 
Ás 22:10, 20/11/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Se chove, chove
se hai vento, hai vento
e se chove e hai vento
é que hai mal tempo.

 
Ás 02:10, 21/11/07 , Blogger elfiña dos soños dixo...

Na miña familia o que se di é San Roque (o patrón das bestas) por algo será.
kiños

 
Ás 15:24, 21/11/07 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Engraçado a médica de família de meus pais se chama Cristina Perica.
Aqui se diz quando se espirra.
Temos o urso/a constipado/a logo não há circo.
Cada terra com seu uso, cada roca com seu fuso, não é mesmo?
Um abraço

 
Ás 18:48, 21/11/07 , Blogger Mer dixo...

como di Suso de Toro no seu Tic-Tac "agora como vemos ao home ou á muller do tempo na televisión que parece que son eles os que reparten en gobernan o tempo, pois xa todos nos poñemos, hala, eu quero sol. Non, non, a min póñame unhas poucas nubes que o sol me fai mal nos ollos"
ampliado aquí: http://tictacsusodetoro.blogspot.com/

 
Ás 20:20, 21/11/07 , Blogger Fada Branca dixo...

Posis a min a choiva faime sertir coma na casa

 
Ás 22:07, 21/11/07 , Blogger torredebabel dixo...

pola contra, eses carteis comezan a verse aqui pola rúa mentres o calor vai chegando e instalándose para asarnos durante longos tres ou catro meses.

 
Ás 23:08, 21/11/07 , Blogger paideleo dixo...

Encántame ter comentarios e aprender novas cousas co eles. Así que graciñas a todos polas aportacións.

 
Ás 21:47, 22/11/07 , Blogger Pau dixo...

Mentras non che digan que estás como elas todo vai ben.
Fai falta moita agua, pero non creo que a de estos días sirva para moito

 
Ás 22:59, 22/11/07 , Blogger mamiago dixo...

Cando eu estudiaba decíamos "Forza no cu, leite nas tetas, e moitas pesetas" despois de espirrar.

 
Ás 08:24, 22/07/08 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Aquí decimos, "espirran as cabras, señal de bó tempo".
A verdade que quedo asustado, o que recopilas e a os post que pos a raíz dunha simple anécdota.
Da gusto, saúdos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio