leoeosseus

luns, 24 de marzo de 2008

Manitas malfalado


Case parece pecado falar de traballo despóis destes días non que quen máis quen menos descansou pero o traballo tamén forma parte das nosas vidas, non é ?.
No choio hai un mecánico que é un manitas no seu oficio amañando problemas lixeiro. O que ten é que é un chisco malfalado e mentres arranxa algo císcase en toda a corte celestial. Pero el remata por reparar o que faga falta. Tamén pensa na seguridade dos traballadores e como exemplo poño este cartel feito por el no que a palabra " joder " pode valer de sinatura súa.

Etiquetas: ,

18 comentarios:

Ás 00:15, 25/03/08 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

As persoas que de xeito habitual "císcanse na corte celestial", non o fan co ánimo de expresar literalmente o que di e mesmo se deixasen de falar así non parecerían eles mesmos.
Á que si?

 
Ás 00:27, 25/03/08 , Blogger busto.agolada dixo...

Se só usase as que aparecen no cartel parecería un beato á beira dalgúns albaneis que traballaron á beira da miña casa e asustaban aos viandantes co repertorio que gastaban, sobre todo o máis novo, que supoño que se encaponaba desa maneira para facerse valer diante dos máis veteanos.
Unha aperta.

 
Ás 17:29, 25/03/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu sempre fun bastante mal falado, pero cando entrei na Escola de Enxeñeiros a perdición foi total. Todo o mundo empregaba unha media de dúas palabras malsonantes en cada frase e, lóxicamente, eu adapteime enseguida.
Sempre nos queda a escusa de que se trata de linguaxe técnica.

 
Ás 18:58, 25/03/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu son da opinión que un bo palabrón no momento axeito expresa máisl que mil palabras ben soantes.

 
Ás 19:00, 25/03/08 , Blogger asbeirasdoarnego dixo...

eu comparto con peke, unhas palabras ben ditas no momento valen moito máis que 99999999999999 ditas cando non se debe. Apretas.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

 
Ás 19:11, 25/03/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois seguro que así espabilan, joder, que debe estar o tío ata os collóns de que non lle fagan nin puto caso, cagondiós.

 
Ás 20:49, 25/03/08 , Blogger Ronsel dixo...

Grazas pola visita

 
Ás 23:39, 25/03/08 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

¡Si señor! tiene razón el hombre, no le haceis ni p. caso.

 
Ás 00:28, 26/03/08 , Blogger torredebabel dixo...

cáeme ben a ousadía dos mal falados, dos que se ciscan "na corte celestial". De nena, admiraba segredamente ao meu avó que se cagaba en deus espertando o terror da miña avóa que inmediatamente imploraba perdón a todos os santos (e ao mismísimo deus, claro) antes de que o raio que ía partilos caise. O raio non caiu nunca, por certo. Pero á miña avoa unha chea de raios nun serán porteño sementoulle un infarto do que non soubo sair.

 
Ás 14:22, 26/03/08 , Blogger Ana dixo...

Hola
Por lo que contas,apesar de mal hablado parece ser boa pesoa.Ademais de gracioso,parece que lo estoy viendo leer ese cartel : Cuidado joder....
Bicos chuliño

 
Ás 18:45, 26/03/08 , Blogger Mer dixo...

jajaja, eu tamén fago deses carteis e vou pegando post-it en todo o que se pon por diante

O manitas, a ver se é quén de remendar o seu vocabulario, ou polo menos intentalo.

Unha apertiña.

 
Ás 19:22, 26/03/08 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Eu coñezo algúns que tamén acompañan o seu traballo deste vocabulario, que as veces resulta de tanta axuda, para dar feito as cousas cando se poñen duras. E quen non?
Apertas.

 
Ás 19:56, 26/03/08 , Blogger Suso Lista dixo...

Este é o mundo que nos tocou vivir, je je.

 
Ás 21:12, 26/03/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois máis claro aujiña do jrifo! Para que decir por favor ou jracias cando temos a palabra comodín que vale para todo? Joder xa!!

 
Ás 22:37, 26/03/08 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Deixando um pedido de desculpas pela ausência.
Um abraço

 
Ás 10:26, 27/03/08 , Blogger rifenha dixo...

Quando meu sobrinho Santi era pequeno, un dia diz-lhe ao meu pai:
-Avó, que gana tenho de ser grande!
-Para que, meu neno?
-Para poder dizer:" Mecagho em dios!"

 
Ás 23:22, 29/03/08 , Blogger paideleo dixo...

chousa da alcandra: pois non sei que che diga. Teño as miñas dúbidas.
busto.agolada: o de joder case é unha fineza comparado co que di cando lle sae algo mal nunha reparación.
f.miguez: parece que vai a máis isto.
peke: os palabróns ben usados non teñen defecto. Soltalos así coma si fan perder o seu valor.
asbeirasdoarnego: si, todo ten o seu momento e fóra daí está de máis.
paidovento: hei, fáltouche cagarte na Virgen !.
ronsel: foi un pracer.
abueloscrisytoño: se non lle facemos caso polas boas, farémosllo por coll....
torredebabel: hai xente que os solta con naturalidade e outra xente incapaz de semellante acto impuro.
ana: é mui bó compañeiro e mui traballador e é meticuloso no seu traballo anque teña que ciscarse en todo o que se menea.
Eu non puiden evitar facer a foto do cartel pola súa contundencia.
mer: pois esa palabrota queda aí mui ben.
rifo i de zeuquirne: cando me saen mal as cousas a min tamén solto deses palabróns. Axudar non axudan pero queda o corpo tranquilo.
suso lista: si, o mundo das películas é un chisco distinto.
pablo: tés razón. Sacas o joder e pós o que dis e xa perde contundencia a frase.
elvira carbalho: acéitanse anque non haxa que pedilas.
rifenha: eu de pequeno dicía me cago en diola e cando cumplín os quince anos xa me mirei o suficiente maior como para usar o palabrón real, puro e duro.

Pois nada, joder, que quedo abrumado polos comentarios e que un palabrón ben usado ten a súa valía.

 
Ás 11:50, 06/04/08 , Anonymous Anónimo dixo...

¡Ai meu deus con minúscula!...eu que tiven que escribir mil veces non se debe blasfemar por dicir "mecajunnindiola"
¡que inxusticia máis grande!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio