leoeosseus

xoves, 7 de agosto de 2008

Música portuguesa


Nesta época de vacacións andamos no choio movendo postos e agora teño de compañeiro a un portugués que ten boa voz para cantar. No xantar de Nadal a xente que comezou ese ano ten que cantar unha canción e cando cantou hai anos cantou varias anque o éxito e os aplausos chegaron cando cantou " A cabritinha " de Quim Barreiros. A min persoalmente gústame cando canta " Estou na lúa " , unha canción que bailabamos hai dez anos no " Tres Tempos " da zona vella de Tui.
Nada, que lle teño envexa á xente que sabe cantar ou tocar un instrumento.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 02:50, 08/08/08 , Anonymous Anónimo dixo...

A mesma envexa sintoa eu, nen canto nen bailo pero estou seguro que de facelo, ía a facelo moi ben :-)
Por outra banda, xa vexo que os servizos mínimos da época estival funcionan todos. Que sería do país sen nós?
Saúde e terra para traballar.

 
Ás 07:46, 08/08/08 , Blogger Carlos Sousa dixo...

A min pasame o mesmo, cando me poño a cantar recoñezo que desafino un "pouquiño", ahora sí, nas cenas de Nadal ou parecidas todo o malo é empezar, tampouco ei ser o peor.

 
Ás 14:18, 08/08/08 , Blogger Bea dixo...

Eu a verdade... teñolle envexa a xente que sabe cantar... esa é a miña asignatura pendente...

 
Ás 15:15, 08/08/08 , Blogger A Conxurada dixo...

Eu tamén lle teñe envexa a esa xente....son negada para os intrumentos (agás a pandeireta que non se me da mal), e teño unha voz que asustaría a un dinosaurio, jeje.

 
Ás 16:21, 08/08/08 , Blogger Ana dixo...

Eu pra cantar non valgo,cada vez que o intento,meu home echame unha mirada...que desisto no momento,jeje

A canción da cabritilla e moi divertida,Quin Barreiros ten unhas cantas...

Bicos

 
Ás 11:28, 09/08/08 , Blogger fgul dixo...

pois sonche dos que me matriculei no conservatorio, cheguei até cuarto de solfeo, segundo de coral, primeiro de harmonía, sengundo de piano e primeiro de guitarra. Ahí decidín que a miña vida adolescente non podía desperdiciar máis tempo no da música e plantei co choio. Hoxe quizais podo dicir que me arrepinto pero... quedaronme certos restos que me permiten agarrar unha guitarra ou un teclado de cando en vez.

...un que non serve para certas cousas.

Saudiños.

 
Ás 03:46, 10/08/08 , Blogger tertulias para perogrullos dixo...

Pois a mín a música portuguesa non me gusta moito, prefiro a galega ou a británica. Saúdos

 
Ás 18:06, 10/08/08 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Quim Barreiros canta canções brejeiras que o povo gosta de ouvir. Mas em Portugal como em Espanha há bem melhor, Graças a Deus.
Um abraço e bom Domingo

 
Ás 18:08, 10/08/08 , Blogger Mararía dixo...

Eu tamén lles teño envexa. Cando canto eu chove longamente.

Un saúdo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio