leoeosseus

martes, 4 de novembro de 2008

O " Lady Mariana "



Cando eu era un rapaz botaban na tele Sandokán. Nesa época os rapaces do meu barrio tiñan unha banda cunha especie de cabecilla para quen o seu ídolo era Giro Batol, un dos piratas ás ordes de Sandokán. O tal xefe non era malo pero cando querían meterse co el non había máis que chamarlle " Lady Mariana " porque pórlle o nome dunha damisela era o pior para el.

Logo pasaron os anos e quedou atrás esa época e, para meterse co antigo xefe, só facía falla convidalo a xogar ás damas. O " Lady Mariana " tiña a extraña peculiaridade no seu falar de pronunciar con " n " o verbo " mover " e todas as súas formas. Así que se puña a xogar un co el e facía tempo para que o " Lady Mariana " acabase dicindo: " A ver, nueve."; " Te toca nover "; " Ahora nuevo yo "... Muitas risas provocaba...

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 12:31, 05/11/08 , Blogger George Amorim dixo...

Vaya,me hiciste recordar mi juventud.En portugal también era asídua de esta série.
Besos

 
Ás 15:40, 05/11/08 , Blogger Milego dixo...

Jajaja! Abondaba con xogar unha partida con el, logo, para pasalo ben.

Moita gracia me fixo o vídeo do Leo bailando... este vai para bailador! :D;)

Apertas.

 
Ás 16:13, 05/11/08 , Blogger Mer dixo...

Uf, a mín nin me sona o conto. Debeu ser divertido.

Unha aperta

 
Ás 19:32, 05/11/08 , Blogger rui dixo...

Hóstias, Sandokan, o tigre de Malasia, ti si que es da miña quinta! Qué bonito saber que non estamos sós!

 
Ás 20:05, 05/11/08 , Blogger Cuspedepita dixo...

Si, eu tamén me acordo da serie Sandokán, anque creo que eu sería máis vella ca ti, pero aqueles ollos verdes, ¿quen os esquece? ;-);-) jajaja
Erades algo túzaros os da panda ¿ou? Tiñadeslle ben collido o punto ao xefe.¡Pobre xefe !

 
Ás 01:51, 06/11/08 , Blogger Raposo dixo...

Sandokan marcou unha época na TV. Aínda hoxe algúns me chaman a min Sandokan por similitude fónética co meu apelido Sandoval, por eso e polo pelo longo o mellor tamén.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio