leoeosseus

martes, 3 de febreiro de 2009

Meme do traste galego


O outro día fun convidado polo amigo da Chousa da Alcandra a facer o meme do traste. En que consiste o tal meme ?. Mui sinxelo. Un trasteador é unha persoa que proba un produto típico da súa zona e que pensa que máis xente debería coñecer ese produto. E hai maneira máis bonita e práctica que dalo a coñecer que en forma de agasallo a alguén por medio do blogo ?. Eu penso que non. Así que eu tiña que ofrecer algo da miña zona e pensei no pan que ten sona pero non o vexo mui ideal para mandalo por correo así que vou sortear viño da terra case adoptiva de Arbo. O viño da adega As Laxas gústame e recibiu algún premio e ata hai compañías aéreas norteamericanas que o teñen na súa carta de viños !. Ademáis está feito con uvas da zona e muitos vendimadores da zona entregan as súas uvas albariñas para facelo e o avóM é un deles.
Así que se queres ter opción a recibilo na casiña totalmente de balde tés que comentar neste posteo e o día vinteoito de febreiro realizarei o sorteo para mandar o viño por correo ao gañador.
No blogo de LM podes ver unha lista das cousas que se sortean coa súa ligazón correspondente ao blogo sorteador.
E agora toca embarcar a tres blogueiros. A ver, a ver. Xa sei: Nébeda, Torreira e aquamlatam.
Na foto saen os veículos carregados de uva albariña na entrada da adega na vendima do farturento ano 2006.

Etiquetas: ,

20 comentarios:

Ás 18:00, 03/02/09 , Blogger Suso Lista dixo...

De momento voume safando, je je. Menuda comellada.

 
Ás 19:26, 03/02/09 , Blogger Milego dixo...

Que gañas de dar conta dese viño :D
O estraño é que ninguén se acordase aínda de Suso e os seus percebes do Roncudo, jejeje.

Saúdos para os dous ;)

 
Ás 19:29, 03/02/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Pois eu xa estou líado na comellada. E pido número para o alvariño de Arbo, que ten moita sona. Mira que non hai viños no sorteo.

Respecto ó teu comentario sobre o cruceiro, decirche que a cruz xa apareceu. Seica ou disque, que un arrepentido "anónimo" non foi quen de aguantar a presión e devolveuna coa condición de que non se soubera quen fora. Cousa que pasan, agora esperar que o restauren.

Un saúdo.

 
Ás 19:42, 03/02/09 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Viño... Moi boa elección, aínda que de seguro que o pan tamén tiña que estar moi bo. É que calquera cousa que se coma en Galiza sabe ben :)

Saúdos!

 
Ás 20:19, 03/02/09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Eu quero número para ese sorteo do Viño de Arbo; de xeito que xa me podes apuntar na lista.

Saúdos

 
Ás 20:19, 03/02/09 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

jajaja, pois toca pensar entón ;)

 
Ás 22:33, 03/02/09 , Blogger Moraima dixo...

Pido número para ese viño!

 
Ás 09:39, 04/02/09 , Blogger LM dixo...

e eu! que número me toca????
beijos

 
Ás 16:20, 04/02/09 , Blogger Senda dixo...

ala, de seguro que está boísimo... número tamén para min.
Bicos

 
Ás 17:24, 04/02/09 , Blogger Barreira dixo...

aaiiii!!. Pois se me das número compartiría ese viño con unha boa lamprea que agora estamos no tempo, non si?

 
Ás 19:22, 04/02/09 , Anonymous Anónimo dixo...

Para probar o viño de Arbo tamén me apunto eu :)
¡Unha aperta!

 
Ás 20:07, 04/02/09 , Blogger busto.agolada dixo...

En bo lío me metiches. Vou ver como saio do apuro. Quedo apuntado nesa lista.
Apertas.

 
Ás 21:08, 04/02/09 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Dame un número deses para o viño da adega AS Laxas, que como en avión non hei ir que me da medo...

:)

(cumplo co requisito de sortear e de endilgarlle o post a outros tres!)

 
Ás 21:28, 04/02/09 , Anonymous Anónimo dixo...

aínda que safei, por un bo alvariño como debe ser ese de arbo ben me deixaría enlear. :-D

 
Ás 22:20, 04/02/09 , Blogger amauta dixo...

Pois ben...O teu blogue vai medrando e o Leíño tamén. 'Tá ben ghuapo!
Un saúdo!

 
Ás 02:38, 09/02/09 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu tamén quero... se é que non cerraches aínda o peto.

 
Ás 14:56, 09/02/09 , Blogger Cuspedepita dixo...

Eu tamén quero número para ese viño de Arbo.

Apertas

 
Ás 13:03, 13/02/09 , Blogger Raposo dixo...

Déame vostede número para ese viño, porfa.

 
Ás 15:59, 14/02/09 , Blogger fgul dixo...

Pois eu non podo facer menos que solicitar número!!

Un saúdo.

 
Ás 15:11, 23/02/09 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu tamén quero número. E no meu curruncho tamén sorteo aljo...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio