leoeosseus

luns, 31 de agosto de 2009

Abur agosto



E rematou agosto e puiden fotografar ao señor que baña os porcos. Tamén ollei de lonxe uns arroaces pescando, oín a verba " embigho " na lingua coloquial, descubrín que lle chaman truel e trueiro ao que chamamos ganapán e mincha ao caramuxo, probei un calzzone de marisco e souben de temperaturas de máis de trinta grados. O malo foi que tocaba recoller e que o Leo anda solto de ventre e con febre.
En fin, abur agosto.

Etiquetas: , ,

14 comentarios:

Ás 31/08/09, 23:00 , Blogger Merce dixo...

En fin que comenzamos un novo mes con mais experiencias ao lombo, a min tamen me da magoa que se vaia.

Espero que Leo se mellore prontiño

Moitos bicos

 
Ás 31/08/09, 23:45 , Anonymous aopedofarelo dixo...

Como cantaban naqulesanos, o Duo Dinamicao, Manolo e Ramon.....¿Os rcordas?, o ti és novo de mais.

..O final do veran
chegou e ti partiras
eu non sei ata cando
meu amor recordaràs
pero sei.........

En fin, vol,ta o traballo, a rutina, e a botar de menos o folgar.
Que magoa non ter cartos dabondo para non facer nada...

 
Ás 01/09/09, 00:18 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Mira que bañar ós porcos...
Boeno, outros din que lles dan margaritas!

Benvido sexa setembro (e que lle amañe a tripiña ó Leo)

 
Ás 01/09/09, 00:33 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Dálle auga con limón e Acuarios. E que non coma nada nunhas horas, xa verás como pasa.
Benvido setembro.

 
Ás 01/09/09, 08:19 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Haberá que darlle a benvida a setembro e a todo o que conleva, pero para min é unha mágoa, so pensar no inverno, xa me da algo...

O de lavar os porcos si que é ben curioso, pero bueno, hai xente para todo.

 
Ás 01/09/09, 09:09 , Blogger Unknown dixo...

Espero que o de Leo non sea nada grave e que pase pronto.

Desde que estou de baixa ( 3 años), so me doy conta do cambio por lo comenzo escolar.
Vale, e por os dias mais cortos,jeje

Bicos e que Leo se poña bon pronto,pronto.

 
Ás 01/09/09, 10:13 , Anonymous Anónimo dixo...

Si, aló vai (mesmo a miña filla está convencida de que a este agosto lle faltaron días)

 
Ás 01/09/09, 16:17 , Blogger Barreira dixo...

Curto pero intenso. Saudos.

 
Ás 01/09/09, 21:13 , Blogger An dixo...

Que se mellore o Leo, agardo que todo vaia a mellor. Saúdos

 
Ás 02/09/09, 09:04 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Esta foto ten moitos detalles, un deles a cara de satisfacción do porco.
Moitos bicos para todos en expecial para Leo.

 
Ás 04/09/09, 11:14 , Blogger vermella dixo...

por aquí os tinta grados tiveron días contados tivemos un agosto de frío no rostro,así que demos a benvida a un novo septembro.
bicos e mimos para o Leiño.

 
Ás 05/09/09, 23:50 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

E Setembro chegou, e já vai a 5 daqui a pouco o Leo faz 3 anos. Espero que já esteja recuperado e de boa saúde.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 08/09/09, 00:07 , Anonymous paidovento dixo...

Hoxe si que prestaba un mangueirazo deses, como o dos porcos.
A ver se actualizamos o blog, que estás feito un preguiceiro.
Ah! e mételle un anti-spam ou algo parecido, que isto vai a máis.
Unha aperta.

 
Ás 08/09/09, 00:56 , Anonymous Anónimo dixo...

Espero que Leo se recupere canto antes ;)
Por certo, toca dar a benvida a Setembro.
Saúdos!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio