leoeosseus

sábado, 10 de outubro de 2009

Casualidade


Hoxe por casualidade coincidín na rúa con tres antigos compañeiros de outros tantos traballos anteriores: un de hai nove anos, outro de hai seis e outro de hai tres anos. Aledoume velos e saber que as súas vidas van ben. Pero non nego que me pareceu extraño este fenómeno e non sei se significará algo. Iso si, quedo coa despedida que me dixo un: " Cuidate que é gratis ".

Etiquetas: ,

5 comentarios:

Ás 01:09, 11/10/09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Boeno...eso de gratis...depende dos vicios que teña un para coidarse!

(Grazas por cazarme o desliz que me fixo saltar dun nórdico para outro)

 
Ás 04:47, 11/10/09 , Blogger HADEX dixo...

Hummmm a min eso pásame moito. As veces vénseme á cabeza alguénq ue hai anos que non vexo e zas!!! Ese día ou eses días atópome con el.

Bicos

 
Ás 14:08, 11/10/09 , Blogger Unknown dixo...

A verdad que si e raro encontrar os tres, o mesmo dia. Va ser que tens contas pendentes co pasado,jeje
Sou un pouco meiga,jejeje

E de balde na de na, que coidarse un mesmo costa moitos cartos.

Bicos

 
Ás 21:40, 11/10/09 , Blogger busto.agolada dixo...

Creo que vas ter que ler o libro que ilustra a entrada. Seguro que alí terás algunha explicación máis convincente cá que eu che poida ofrecer.
E no de coidarse, se non fose gratis tampouco ten por que ser moi caro.
Apertas.

 
Ás 22:32, 11/10/09 , Blogger paideleo dixo...

Pois eu penso que o de estropearse un é o que sae caro: alcol, tabaco, comidas excesivas, etc.
Non sei, a frase deume para pensar.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio