leoeosseus

xoves, 22 de outubro de 2009

Coito infantil


Estes días trato de ler e mirar todo o que hai na rede sobre a manifestación e así puiden escuitar as arengas na praza da Quintana onde non fun quen de entrar fisicamente o día da manifestación. Xurxo Souto animou á xente nova das cidades galegas a empregar o galego e iso fíxome lembrar a miña infancia viguesa. Eramos rapaces e xogabamos na rúa aos xogos típicos da época e un que había era o " coito ". O " coito " non é outro que o xogo das agachadas ou escondite e tamén era o nome do pando. Pasaron os anos e mudei de domicilio e poboación e xa ninguén coñecía o meu " coito " infantil. Medrei máis e coñecín o outro tipo de coito. Agora non me queda máis que rir comparando os dous coitos e tamén, por que non ?, extrañar aquel tempo do coito infantil.
A foto preciosa de Doisneau topeina en Taringa.net onde hai máis fotos deste e outros fotógrafos.
Postdata: aparece a palabra nun dicionario de ausencias da illa de Arousa.

Etiquetas: , ,

11 comentarios:

Ás 11:49, 22/10/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

E estes que saen na foto eran os chamados "timbreros", quen non fixo iso algunha vez... E como fode agora.

Non ven nada mal lembrar a infancia, e botar unhas risas. Agora, o nome do xoga xa as tiña... Que prematuros.

 
Ás 12:00, 22/10/09 , Blogger Merce dixo...

A que si! timbrar nunha porta e sair dando cos pes no cú todo era unha jajaja

Non che sabia eu eso do coito, simpatica coincidencia :)

 
Ás 14:07, 22/10/09 , Blogger Cuspedepita dixo...

Pois mira ti, as primeiras veces que escoitei esa palabra en castelán, quedei un chisco confusa porque na miña aldea ao esterco chámanlle cuito e non me cadraban as contas ;-))

 
Ás 17:25, 22/10/09 , Blogger Unknown dixo...

Vaia susto me diste, co coito infantil.
Mira que palabrota para un xogo tan inocente,non?

Bicos

 
Ás 17:56, 22/10/09 , Blogger BRABIDO dixo...

Pois nunca escoite ese xogo,o escondite xa me é mais coñecido.
Ovopicoaraña,pincho,o ollo,a gua,o pateiro,o trompo,a chinga,os cromos....A dia de hoxe todo é play,xbox,wii......

Tempos aqueles

 
Ás 20:16, 22/10/09 , Anonymous Anónimo dixo...

Uff, que alivio :-)

 
Ás 00:51, 23/10/09 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Um post muito interessante, que nos transporta à infância.
Um abraço

 
Ás 20:58, 23/10/09 , Anonymous aopedofarelo dixo...

Pois Eu, tampouco nunca escoitara falar do coito, neste senso,,,,,Xa ves ti. ¿E por certo, cal prefires.....?
Falando doutra cous, temos en comun ademais dalgunha qu outra cousa, a aficcion pola foto, se queres, mandame a tua direccion polo meu correo electronico, e mandoche un CD. con fotos de diferentes fotografos, que o longo dos anos fun recollendo, algunhas escaneadas de libros, ou baixadas da rede, mesmo pirateada dalgun que outro blog amigo.
Podo asegurate que mais dunha son maravillosas...
Unha aperta

 
Ás 18:42, 24/10/09 , Blogger Raposo dixo...

Ah, pillabán, así que xa coñeces dous tipos de coito!!!

 
Ás 19:17, 24/10/09 , Anonymous Anónimo dixo...

Hay pedriño valgame Dios, sigues con la misma papuxiña de siempre. Ni yendo a America espabilaste. Ya decia Papá bueno ahora Pedro sueltara la mantiña la vida espabila a uno, pero se ve que no.Hazte un hombre carais y no seas tan pesado que eres un cargante aqui y en directo, Te lo digo por bien
Lolo

 
Ás 09:47, 26/10/09 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Recibimos de mans de Cris e Toño o voso agasallo
Grazas a tí por ser tan xeneroso e mandalas a parees. Tedes pendente unha de polbo para cando podades. Un abrazo

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio