leoeosseus

mércores, 24 de febreiro de 2010

E non deixa de chover


Con este tempiño apenas sae un da casa e pensa en Catatumbo onde case a metade dos días do ano hai tormentas eléctricas de varias horas con centos de raios que rexeneran a capa de ozono. Eu non sei como hai xente que pode ir de turista alí e menos vivir nesa zona.
Haiche xente para todo !.

Etiquetas: ,

11 comentarios:

Ás 23:13, 24/02/10 , Blogger Dilaida dixo...

Pois eu sabendo iso xa non teño pensado ir, co medo que eu teño aos tronos e os raios!.
A verdade é que a choiva xa nos ten medio aburridos e a fin de semana que vén seica nos espera unha boa, pero o que hai que facer e botarlle humor ao asunto e disfrutar o mellor que se poida.

 
Ás 06:42, 25/02/10 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

O que máis me amola destes días é que non se pode andar polo monte, pois xa logo florecen os toxos e as mimosas e son bonitas de ver e ulir. O do Catatumbo debe ser espectacular (sempre me gustou ver e sentir as treboadas), pero non sei... tanto raio seguido!
Non esquecer o paraugas!

 
Ás 09:39, 25/02/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

anda, mira qué curioso,
non tiña sentido falar deste fenómeno, se che digo a verdade, tampouco do río ese, nin do lago, nin do estado,
hai que ver canto cabe nun saco de ignorancia!
pero xa teño asimilado que vindo ler o teu blog sempre aprendo algo.
A min danme moito medo as tormentas eléctricas,
non o podo evitar,
ainda que levara un pararaios na cachola!
pero non parece que eses raios sexan peligrosos, polo que lin no enlace que deixaches á wikipedia,
e encantoume iso de que a etnia wari o defina como “la concentración de millones de cocuyos (luciérnagas) que todas las noches se reúnen en el Catatumbo para rendirle tributo a los padres de la creación"

 
Ás 12:31, 25/02/10 , Blogger BRABIDO dixo...

A eses teñoñe moito respeto,pero que moito.

saúdos

 
Ás 23:03, 25/02/10 , Blogger Suso Lista dixo...

Adaptámonos ao que sea,mesmo ao inferno. Aperta

 
Ás 10:53, 26/02/10 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Pois coidado co que anuncian para mañán.
Moi curioso o do Catatumbo, nunca oíra falar dese fenómeno. Tamén ía comentar o das "libélulas", que é unha bonita lenda, pero adiantouseme Zeltia.
Unha aperta

 
Ás 11:30, 26/02/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Achégome hoxe xa que hai sol. É posible que mañán chegue a ser, por o que din por aí, como en Catatumbo.

 
Ás 13:37, 26/02/10 , Blogger Bolboreteira dixo...

Hai sitios ben curiosos no mundo.
Eu o que quero é ver o sol e que pare xa chover...que veña a promaveira que o sangue altera xaaaaaaaa!!
Biquiños

 
Ás 13:39, 27/02/10 , Blogger An dixo...

Pois xa me fiseches ganas de coñecer ise sitio....Grazas meu...por certo, o de arriba, en troques dunha discoteca parececheme unha igrexa estrana. SAúdos

 
Ás 17:23, 27/02/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Mira que chamarlles "cocuyos" aos vermes carpinteiros...
Que ancho é o mundo,carallo!

 
Ás 00:15, 28/02/10 , Blogger paideleo dixo...

Dilaida: que saibas que esa tormenta é muda, seica.
A nena do paraugas: dimo a min que teño un fillo pequeno que necesita aire libre.
Supoño que dende unha distancia prudente pode admirarse o Catatumbo sen problemas.
zeltia: pois eu hai menos dunha semana que odescubrín nunha revista que falaba de destinos turísticos de fenómenos naturales.
As lendas antigas son explicacións fermosas de fenómenos descoñecidos que a explicación científica afea.
BRABIDO: eu tamén se son tantos e tan insistentes.
Suso Lista: somos unha especie depradadora que non ten límite.
Carlos Sousa: pois parece que non foi para tanto, polo menos polo val da Louriña.
fonsilleda: pois non lle chegou a nada de Catatumbo.
Bolboreteira: e o que aínda descoñecemos !. Eu tamén teño gañas de que saia o sol polo menos para sacar o moneco da casa.
An: eu iría de turista pero por un día só.
A entrada da disco é peculiar, si.
Chousa da Alcandra: será un nome como outro calquera.
O mundo é ancho, alto, fondo e inmenso.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio