leoeosseus

xoves, 11 de febreiro de 2010

O Covelo


Domingo de paseo por terras do Covelo. O cruceiro de Cerviño, un paseo polo campo da feira cos montes de follas recollidas, un cocido con bólo, o fotógrafo profisional que me persegue, a praia fluvial de Maceira onde sustituiron os dinosaurios por un camping (creo), a visita do pazo da Torre que non ten pasadizos secretos pero si muito que mirar e aprender como, por exemplo, a ser rei galego dos xíbaros, o can que defende os cabalos, etc. Todo isto e máis coa compaña de bós amigos pode significar O Covelo.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 16:58, 11/02/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

anda,mira que rácano,
que pouquechiño contas, ainda que moi ben resumidiño.
gustaríame ter visto a casa grande ésa que hai, todo un espazo con legado etnográfico.

 
Ás 19:37, 11/02/10 , Anonymous BRABIDO dixo...

Eu tamen lle manden varios cocidos en O Covelo,estaban caralludos.

Saúdos

 
Ás 21:42, 11/02/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Achégase un tempo de enchentas de moito carallo. Vainos medrar o bandullo.

(A foto é bucólica de todo. Gústacheme ben)

 
Ás 21:56, 11/02/10 , Blogger Angel Utrera dixo...

Pois non che conto as do Deza....O bandullo do Chousa, vaise a quedar mais que pequeno...

 
Ás 07:21, 12/02/10 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

A verdade é que entre as paisaxes e os xantares, para que andar buscando delicias moi lonxe?
A foto invita a perderse por ese lugar. Saúdos.

 
Ás 10:54, 12/02/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Que bo paseo por unha fermosa terra e con un cocido...
¡Ben feito.

 
Ás 10:55, 12/02/10 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Tes que contar máis, que tirar tiraches moitas fotos...
Hai que volver cando veña a calor para mollar os pés e o resto nesa auga cristalina que ten o Tea por eses lares.
Río abaixo xa non é o mesmo.
E logo, en lugar do cocido, levamos unha tortilla, empanada e viño e a vivir...

 
Ás 12:15, 12/02/10 , Blogger matrioska_verde dixo...

dígoche como zeltia, que ben podías contarnos algunha cousiña mais do teu paseo.

pero bueno, alomenos algo é algo.

biquiños.

 
Ás 01:59, 13/02/10 , Anonymous paidovento dixo...

Tamén significa volver no verán a darse un baño

 
Ás 13:16, 13/02/10 , Blogger Bolboreteira dixo...

Un bo domingo, deses ben aprobeitadas.
Bicos

 
Ás 16:47, 13/02/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Debeu ser ben boa cousa cando se gardou en frasco pequeno. A foto desa ponte é magnífica

 
Ás 22:33, 18/02/10 , Blogger paideleo dixo...

zeltia: en vista da multitude de peticións terei que ampliar o posteo.
A casa foi unha fermosa descuberta.

BRABIDO: pois era omeu primeiro cocido na zona pero creo que non vai ser o último.

Chousa da Alcandra: o bandullo hai que mantelo que fai frío.
A foto tamén me gustou a min.


Angel Utrera: está visto que o cociding é o deporte máis extendido nos domingos galegos.

A nena do paraugas: por iso eu poño a etiqueta de viaxes.

fonsilleda: anque foramos obrigados iriamos contentos.

Eva G. Rei: déboche varias fotos.
No verán malo será que non coincidamos para ir ata alá.

Aldabra: tiña muitoque contar pero con estas palabras lembro todo.

paidovento: pois con Eva G. Rei xa somos tres !.

Bolboreteira: un domingo distinto e ben aproveitado, si.

Kaplan: como sabes, Kaplan !.
A foto estámui ben, bueno mui ben está a paisaxe.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio