leoeosseus

martes, 20 de abril de 2010

Lampreas


Para esta fin de semana está prevista a festa da lamprea en Arbo e como avóM non a pesca con fisga nin ten pescos, tivo que mercala en Portugal.
E, como quen non quere a cousa, levo seiscentos posteos neste blogo.

Etiquetas: , ,

8 comentarios:

Ás 23:52, 20/04/10 , Blogger Unknown dixo...

¿E que vas a regalar polo aniversario dos posteos?Eejejeje

Biquiños

 
Ás 00:04, 21/04/10 , Blogger Cuspedepita dixo...

Parabéns polos 600 posteos !

Nunca estiven na Festa da lamprea, a pesar da súa sona, así que procura que os 1200 posteos coincidan con outra destas celebracións e imos alá todos ;-))

Apertas

 
Ás 00:50, 21/04/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Case nada, xa acadaches un seiscentos!!!. Vas tan motorizado coma os pescadores do "Ricardo".
Bo proveito coa lamprea!

 
Ás 11:10, 21/04/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Parabens polos posteos
en canto á lamprea, teño a sorte de ter unha amiga en Arbo..., con pescos.
Tamén é certo que non me derrito por unha lamprea.
Bicos.

 
Ás 17:55, 21/04/10 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Parabéns polo 600. Xa podes celebralo na festa, unhas lampreas e uns viños, e festa...
Interesantes os enlaces, sobre todo o da fisga...

 
Ás 17:40, 22/04/10 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Estamos moi contentos de poder esculcar todos estes posteos, aprendemos moito
¡Parabéns!
A.Cris

 
Ás 17:43, 22/04/10 , Anonymous Zeltia dixo...

unha cifra xeitosiña xa, eh. (para ser home de silencios :D)

xa vén de camiño a fin de semana, espero que disfrutes da festa e da comilona
hai tempo vira un documental sobre a pesca da lamprea con eses "pescos" toda unha arte

 
Ás 08:27, 23/04/10 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Pois si que levas posteos! Agora tés que ir polo 850!
Que disfrutes coa lamprea!

Un saúdo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio