leoeosseus

sábado, 15 de maio de 2010

Ovos estrelados e letras


Está cerca o día das Letras e cada quen vaino celebrar ao seu xeito. Cerca de Vilaguindastre opinan que un día das Letras sen papatoria non é nada así que celebran a festa do ovo estrelado e inclúen tamén fotos antigas e coches clásicos. Todo xunto está mui ben pero creo que deberían, como mínimo, escribir ovo estrelado e non " estrellado " por respeito á lingua que celebra o seu día na mesma data que a festa.
Por certo, ao Leo encántalle mollar pan nun ovo estrelado.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 23:16, 15/05/10 , Blogger Mer dixo...

jo, qué boa pinta, e eu a réxime, buf, a mín tamén me encantan os ovos estrelados

 
Ás 09:16, 16/05/10 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

que fame!! eu con que me deran o pedasiño de pan de millo xa me quedaba satisfeita :D

 
Ás 11:24, 16/05/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Eu coma o Leo, malia os quilos.
Que teñades bo dia das Letras Galegas, con ou sin ovos estrelados.
Bicos

 
Ás 14:39, 16/05/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois a mollarse todos na lingua!

Apertas

 
Ás 20:12, 16/05/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Xa ves que calquera se estrela petando cun castelanismo no propio Día das Letras Galegas.
Quédanos moito camiño que andar na recuperación e dignificación da nosa lingua.
Moitas apertas e felis Día.
M. Busto

 
Ás 22:08, 16/05/10 , Blogger Unknown dixo...

Unhas patacas fritas cos ovos estrelados e chourizo,ummmm que bó!

Seguro que metin a pata coa lingua ,ejeje Bo día dal letras galegas!!
Bicos

 
Ás 01:26, 19/05/10 , Anonymous Zeltia dixo...

si home sí,
pero hai que tentar velo polo lado de que se quere falar.
eu emto castelanismos que nindios,
:-) é normal vivindo nun sitio onde esa lengua se escoita de cote.
Pero se todo o mundo arrincara a falar galego, de contado a aprenderiamos ben, porque sentindo ós que a falan ben, e coma se aprende. Non a todo o mundo lle gusta porse a ler...

temos que ser mais tolerantes coas pifias e os erros se queremos que a xente se anime sen medo ó ridículo se se trabuca.

ou non?

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio