leoeosseus

venres, 30 de xullo de 2010

Cachinar ?


O portal do garaxe comunal estaba aberto e había este cartel. Como leo todo o que me poñen diante lino e descubrín unha palabra que non coñecía: " cachinar ". Polo contexto pode tirarse o significado pero preguntei no traballo a compañeiros e só un de Redondela sabía o que significa.
Para ti que significa ?. Unha pista: non significa " publicar en Internet ".

Etiquetas:

19 comentarios:

Ás 02:45, 31/07/10 , Anonymous Snob Megalove dixo...

Emporcallar? Non teño nin idea, morro por saber a resposta!

 
Ás 12:09, 31/07/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Fedellar, fuchicar, remexer no que sexa?

 
Ás 18:14, 31/07/10 , Blogger Cuspedepita dixo...

Andar argallando? Facer mal?

 
Ás 13:40, 01/08/10 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

No dicionario da nosa lingua non vén,
Seguro que ten mestura galego- portuguesa, tendo en conta que a porta queda toda a noite aberta eu creo que é unha palabra que di varias cousas como non esculcar nin emporcallar máis ben pola última.
Grazas pola túa axuda
Bicos para todos
Avoa Cris

 
Ás 14:44, 01/08/10 , Blogger Mer dixo...

eu decántome por non facer mal, non fuchicar ( como di Kaplan) ou mesmo non mexar

 
Ás 17:27, 01/08/10 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Eu non teño idea do que pode ser, pero aposto porque teña que ver con fuchicar, tocar ou amolar.
Agardo impaciente!

 
Ás 20:19, 01/08/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Non hai como ter presidentes de comunidade creativos, si señor!.

Polo contexto e por copiar ós meus compañeiros, decántome polo que din Kaplan e seguintes.

Apertas de volta

 
Ás 21:47, 01/08/10 , Blogger matrioska_verde dixo...

pois non teño nin idea, nin nunca o tiven ouvido antes.
xa nos dirás.
bicos,

 
Ás 22:54, 01/08/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

saberás que agora tés que lle ir preguntar ó autor do cartel!!!
(non nos podes deixar así, coma nun coitus interruptus!)

 
Ás 08:11, 02/08/10 , Blogger Dilaida dixo...

Eu imaxino que é unha palabra nova, no galego non está contemplada e en portugués "cachinar" é soltar cachinadas, rir con mofa, con menosprezo.
Polo contesto eu tamén opino que se refire a "fuchicar".
Bicos

 
Ás 12:26, 02/08/10 , Anonymous Anónimo dixo...

E non siginificará "non romper", referido ao papel de aviso.

 
Ás 15:53, 02/08/10 , Blogger ValdoLouro dixo...

En Budiño sempre se usou como sinónimo de fuchicar.

 
Ás 18:17, 02/08/10 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Cachinar? Cochinar?
Eu non che sei, pero creo que a alguén se lle escaparon as vogais ou as consoantes e inventou un vocablo que non aparce por ningures.
Se acabas por saber que quere dicir, dirasmo? Sinto curiosidade polas palabras novas!

Saudiños.

 
Ás 21:58, 02/08/10 , Blogger paideleo dixo...

Pois non é emporcallar, nin andar argallando,nin facendo mal, nin esculcar, nin mexar, nin rir con mofar, nin romper; pero ben podería ser.
O significado é fozar, fuchicar, fedellar e meter a man onde non mandan.
Sempre é un pracer topar palabras curiosas !.

 
Ás 01:46, 03/08/10 , Blogger fonsilleda dixo...

EStou con Kaplan. Talmente.
Agora xa vin que o definiches.
Lémbráchesme a nenez
Bicos

 
Ás 10:47, 03/08/10 , Anonymous F. Míguez dixo...

Pois debe de ser unha expresión local de Redondela, porque efectivamente, eu si a coñecía, como sinónimo de fozar ou de fervellar. De feito, por algunha razón, a palabra "cachinar" está asociada no meu imaxinario co porco.

 
Ás 18:35, 04/08/10 , Blogger fgul dixo...

vaites oh! Unha palabra máis para o diccionario...

 
Ás 20:36, 05/08/10 , Blogger Raposo dixo...

Coñecín a unha persona que dicía "¡cáchina!", en sentido exclamativo, cando algo non lle salía como ela quería.
Apertas.

 
Ás 13:52, 08/08/10 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Xa chego un pouco tarde, pero diría que significa "fozar, fuchicar, fedellar e meter a man onde non mandan", jeje, a ventaxa de chegar tarde.
Pero a todo isto, para min, estas definicións son comparables á de facer mal.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio