leoeosseus

mércores, 8 de decembro de 2010

Diferentes Nadais


O outro día mercámoslle ao Leo un libro precioso de tradicións e contos de Nadal de varios países e hai verdadeiras ledicias para demostrar a riqueza cultural do ser humano.
Un exemplo é o trasno Nisse que ten patas de cabra e sabe o que soñan os humanos para darlles regalos e tamén agasalla e protexe os animais da granxa en Noruega.
Contarei algunhas tradicións máis nestas datas e , mentres, podes aprender algo ( en galego ) do nadal típico alemán aquí.

Etiquetas:

8 comentarios:

Ás 21:53, 08/12/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ui ui ui que creo que vai caer por aquí unha "hondonada" de posts navideños,
virei preparada coa miña armadura.

:-)

 
Ás 23:38, 08/12/10 , Blogger Unknown dixo...

Curioso, o meu post para mañá tamén fala de tradicións de nadal!

Bicos

 
Ás 11:48, 09/12/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Non coñecía a Nisse.
Ti conta, conta que eu agradézocho ben.
Agora voy o alemán.
Biquiños

 
Ás 13:21, 09/12/10 , Anonymous FERNANDO SANCHO dixo...

¡Que importantes son as tradicións!. Non nos decatamos que é un legado a coidar e que debemos dar os nosos fillos para que perduren sempre na memoria e o tempo.
Pasarei por aquí para saber de tradicións e contos do Nadal.
Moitas grazas e un saúdo

 
Ás 08:32, 10/12/10 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Seguirei atentamente todos os apuntamentos que fagas sobre as tradicións de Nadal, aínda que non é precisamente unha data e unha festa que me guste demasiado; máis ben nada.

Saúdos

 
Ás 19:58, 11/12/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

A min chámame moito a atención, por exemplo,a mistura de culturas que vin nunha foto da celebración do nadal en Venezuela. A xente ía vestida de verán e detrás había un "belén" con neve.

Apertas

 
Ás 20:24, 12/12/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Dúas semanas para o Nadal e todos xa estamos quentando motores.

 
Ás 20:46, 16/12/10 , Anonymous Mr Tichborne dixo...

Interesante o das tradicións pagáns europeas que acabaron misturadas nos USA para dar ó Santa Claus/Papá Noel. O do Nisse non o coñecía.
Un novo aporte: http://tinyurl.com/39tlcuj
Parece que quen inventou estas bonitas tradicións ía posto ata arriba!
Un saúdo

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio