leoeosseus

venres, 17 de decembro de 2010

O Nadal segundo Leo

O Nadal para Leo son luces na rúa. É árbore co seu debuxo do Papa Noel e do calcetín de cintas de cores do cole. É comer chocolatinas do calendario de Advento. É buscar un Herodes en todos os Beléns. É deixar aberta a fiestra xa que non temos cheminea. É DVDs de Rudolph. É o conto de Antón e o Apalpador ( a imaxe está tirada dese conto de barafunda ). É unha procesión na súa mente dos cinco reis: Melchor, Gaspar, Baltasar, Papa Noel e o Apalpador.
En definitiva; o Nadal é a ilusión máxica nos ollos dun neno.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 22:50, 17/12/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Non hai duda algunha de que son os nenos os que viven - e fannos vivir - o Nadal do xeito máis intenso.

(Eu non sabía nada do apalpador ata fei ben pouco tempo. Se ve que pro estes lares apalpamos sin saber...)

Saúdos

 
Ás 23:19, 17/12/10 , Blogger Dilaida dixo...

Que o Apalpador lle traia moitas cousas a Leo que seguro, seguro que se portou moi ben.
Bicos para Leoeosseus

 
Ás 13:33, 18/12/10 , Blogger fonsilleda dixo...

E que o Leo sabe...
Estas festas cheas de cores non terían sentido sen eles ¿non si?
Gustoume moito o dos 5 reis.
Bicos

 
Ás 20:49, 18/12/10 , Anonymous Anónimo dixo...

Está claro que para surtir de agasallos os nenos dun mundo tan grande cómpre que se unan e cooperen, e así todos contentos.
Este ano a nós visitaranos tamén o Apalpador (apuntámonos a el, e deixamos a Papá Noel como subministrador de último recurso, igual que coa luz).

 
Ás 15:44, 20/12/10 , Blogger Bolboreteira dixo...

O Nadal é sobre todo unha época para o disfrute dos nenos, hai tanta fantasía!!
Bicos!

 
Ás 20:09, 21/12/10 , Blogger Peke dixo...

Que teñades, Leo e vós, un estupendo Nadal!

 
Ás 23:05, 21/12/10 , Blogger amauta dixo...

O leo vai medrando, bo ano para el e para seus pais!

 
Ás 21:22, 22/12/10 , Blogger Antón de Muros dixo...

O desafío é non perder a ilusión e disfrutar do Nadal (aínda que sexa polos pequenos da casa) ;-)

Unha aperta dende o sur.

Antón.

 
Ás 20:41, 23/12/10 , Blogger Alís dixo...

Nestas datas gustaríame volver a ser nena para ilusionarme e non deixarme afectar por tantas sombras.
Ou, postos a escoller, gustaríame seguir sendo maior e recibir a visita do Apalpador... Perdóolle as castañas si me apalpa ben.

Bicos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio