leoeosseus

sábado, 2 de abril de 2011

Morreu Himahe


Hai case un mes sesenta traballadores de Vilaguindastre toparon a porta do traballo fechada ás seis da mañá. Pasaron as horas con incertidume e asomou a cara o xerente. Mandou entrar á xente á sala de xuntas e na mesa tiña cada persoa un sobre coa liquidación pagando corenta e cinco días por anos e as vacacións íntegras deste ano. Todo estaba legal e a empresa fechaba liquidando as contas cos empregados e así morreu Cuq, o antigo Himahe co letreiro irónico de rúa Progreso na súa parede. Todo legal pero unha mala faena á fin e máis correndo os tempos que corren.


En fin, eu prefiro lembrar os risos que botei hai muitos anos cun empregado. Resulta que o rapaz tiña un reloxio de propaganda da empresa co nome Himahe, tal como soa. Unha noite foi á zona do Areal de Vigo de marcha e apareceulle un pijo por alí que se fixou no reloxio. Colleulle a man para mirar o reloxio de cerca e espetoulle: - Anda, un " Jimajei ". ¿ Es buena marca ?.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 02/04/11, 18:44 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Aínda coa anécdota ao final... sigue deixando mal corpo.
Imaxínome eu co sobre do finiquito na man... (pasei por iso, pero con vinte e tantos anos aínda pensas que todas as posibilidades están por chegar)

 
Ás 02/04/11, 19:01 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Fodida cuestión a primeira! Dixeron-
nos que consumiramos, que eramos os reis do mambo, e agora, que o mambo o bailan eles, mandan-nos o carallo. Cando se berra contra esto naide fai caso, o mellor agora é tarde.
No segundo punto, por esta zona de Vigo, haiche xente así. Seguro que falaba castelán.

 
Ás 02/04/11, 22:36 , Blogger Dilaida dixo...

Síntoo polos traballadores e a anécdota é moi boa.
Bicos

 
Ás 03/04/11, 21:09 , Blogger mfc dixo...

Aí... tal como por cá, tudo vai fechando aos poucos e a gente fica sem trabalho!
Que sina esta!

 
Ás 07/04/11, 13:16 , Blogger fonsilleda dixo...

Eu tamén o sinto polos traballadores.
¿Cando rematará esta crise?

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio