leoeosseus

sábado, 27 de agosto de 2011

Cincuenta e nove meses


" Eu xa non fago meses que teño anos. Xela fai meses !. " Así dime hoxe Leo e vou rematar a conta en meses da súa vida neste blogo. Agora será a conta de meses de Xela en números ordinais cada día vintecatro, a ser posible. Isto non quere dicir que deixe de falar de Leo nin muito menos; só que agora non porei un día ao mes " forzado " para falar del como facía cada vintesete.
E nada, aquí está o artista retratado hoxe. Medrou un montón en todo ou será que o comparamos coa irmá ?. Gústalle xogar só montando historias con calquera cousa e non deixa atrás letras e números. Segue sendo de trato reservado coa xente os primeiros minutos e logo xa non hai forma de paralo co que fala. De feito fala cada vez máis e millor español e no galego mete algunhas cousas extrañas como verbos compostos, " lleísmos " e máis e máis vocabulario castelán. Confunde o son " r " simple co composto, solta bastantes " g "no canto de " b " ( groma, négoa, güena, etc ) e segue dicindo " nesito " , " nesesitamos ", " creocuparse " e " masiado ".

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 01:38, 28/08/11 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Ora bem. Pois já que está um homenzinho não se trate como bebé.
Um abraço amigo e parabéns por essa linda família.

 
Ás 11:19, 28/08/11 , Blogger Unknown dixo...

Ten razón, xa non é un bebe. E ó lado de Xela é un home,jejeje

Bicos

 
Ás 12:13, 28/08/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ao leo fixémolo maior en canto naceu a irmanciña...
pero é certo que xa non é un bebé, é un neno! cambiou de status,
e isto que fixeches hoxe... isto de darlle a graduación... é un paso que terás que dar con el outras veces máis na vida... sempre hai un pouco de pena mesturada con alegría nestes casos, verdade paideleo????

 
Ás 12:55, 28/08/11 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Tendo en conta que Leo é un mozo que vai cumprir pronto os 5 anos, hai que ir pensando en que se vai facer maior axiña, pasará a Primaria... e non só porque Xela acabe de aparecer. As crianzas fanse grandes de repente. Que pronuncien mellor ou peor, tanto ten, o caso é que escoiten, entendan e se fagan entender. O tempo fai o resto do traballo.

Que me alegro moito por todos e todas vos. Pois iso.
Moita sorte con el. E con ela. Nos tempos que corren, ben cómpre!

 
Ás 20:30, 28/08/11 , Blogger mfc dixo...

É assim mesmo...uma bela resposta!

PS - Chãs de Égua fica na região centro, mesmo junto à aldeia do Piódão que encontras em qualquer roteiro turístico.
Um abraço.

 
Ás 23:20, 28/08/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Ten toda a razón o Leo. El agora xa non ten cumplemeses; así que fas moi ben en corrixir a leria.
Apertas

 
Ás 08:29, 29/08/11 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Ten razón o Leo, que agora xa é grande e ten cumpreanos, non cumpremeses. Tempo haberá para seguir contando as súas cousas polo medio dos cumpremeses de Xela.
Que sigan así de ben os dous!

 
Ás 09:33, 30/08/11 , Anonymous Anónimo dixo...

Ai, pois eu agradezo o cambio no cómputo, porque son moi malo contando en meses (e no demais), así que algunha vez tiven que botar man da calculadora para saber a idade do Leo.
É normal a reacción del, pobre, para reafirmarse frente á irmá: agora el é xa un homiño.

 
Ás 10:38, 03/09/11 , Blogger pitima dixo...

Qué listiños che son... jaja

Saúdos!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio