leoeosseus

domingo, 18 de setembro de 2011

Intento


Co inicio do curso hai que buscar algunha actividade extraescolar para Leo que lle guste. O asunto non é nada doado que o rapaz é tímido e cústalle socializar. Probamos a metelo nunha asociación de baile onde está un compañeiriño de clase pero non lle chistou a idea e iso que Naideleo o invitou a gominolas para que probase a bailar. Cando marchamos do local Naideleo díxolle: " - Non fago máis tratos contigo. Quedamos en que che compraba gominolas e ti probabas a bailar." O Leo, mui espabilado para o que lle convén, retrucoulle: "- Eu pensaba que o trato era solo que eu comera gominolas. "

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 02:08, 18/09/11 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

As crianças sempre teem uma resposta que nos desarma.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 10:00, 18/09/11 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Gustame a resposta de Leo!

 
Ás 19:20, 18/09/11 , Blogger mfc dixo...

Com a resposta na ponta da língua!!
Ora toma!

 
Ás 10:40, 19/09/11 , Blogger matrioska_verde dixo...

eche listiño!

bicos,

 
Ás 16:02, 19/09/11 , Blogger Concha L. F. dixo...

Desde logo, vaia maneira de lle dar a volta ao trato!
Son incribles! Incriblemente inxeniosos!

 
Ás 21:34, 19/09/11 , Blogger Peke dixo...

Home, sendo fillo teu, parvo non é.

 
Ás 13:30, 20/09/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ai! canto leo che hai por aí para facer nejosios! jajaja

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio