leoeosseus

xoves, 22 de setembro de 2011

Lerias de Leo



O Leo non para de falar e cando non sabe inventa.


O outro día saiu da casa co primeiro libro que colleu da nosa biblioteca que era unha guía de Oviedo. Dixo que ía ler o conto e empezou: " Hace añísimos..."


Na foto sae co libro de Pelogato 24 que ten CD coas letras e inventaba unha canción mentres andaba: " Agora hace una mujer desnuda en un carballo ".


O outro día estaba Leo no parque co amigo X. e remataron mal como acostuma pasar entre nenos. Naideleo díxolle que lle pedise perdón a X. e Leo dixo: " X. tonto ". Naideleo enfadouse: " Leeeo !". E Leo autocorrixiuse: " Ah, vale. X. estulto ".


Para estas cousas vale ben un blogo.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 17:38, 22/09/11 , Anonymous Anónimo dixo...

Estulto?!!! É boísimo...

 
Ás 17:52, 22/09/11 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Este Leo é a "milk"! Atopou o termo axeitado, seguramente non para X., mais sí para un feixe de sesudos maiores.
O da estulticia, é de nota.
Coido que fará carreira, e tamén "amigos".

 
Ás 20:28, 22/09/11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Eu digo (e penso que non é a primeira vez que o fago), que este rapaz voso vai para político. Repasa a túa primeira frase deste post...

Saúdos

 
Ás 23:32, 22/09/11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

o dos añísimos está moi ben.
pero o do estulto "non ten prezo"!

(inda tardei eu ben anos en saber o que significaba estulticia! -estes rapaces canto aprenden cos debuxos animados!-)

 
Ás 00:57, 23/09/11 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

São uma gracinha.
Um abraço

 
Ás 11:55, 23/09/11 , Blogger Peke dixo...

Caralliño co Leo! Estulto nada menos!!!

 
Ás 13:30, 23/09/11 , Blogger mfc dixo...

É assim que se começa...
Estulto com a apetência dele.

 
Ás 21:19, 23/09/11 , Anonymous Anónimo dixo...

Paideleo, ten vde unha encomenda en Ithaca (espero que non lle pareza estulta, pero tampouco se sinta obrigado)

 
Ás 21:37, 23/09/11 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Riqueza de vocabulario, que se chama, para xogar ao despiste.

Abofé que me gustaría telo como alumno! Un gran reto! Iamos ter máis dunha conversa!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio