leoeosseus

xoves, 29 de decembro de 2011

Sobremesas de Nadal



Neste tempo temos fartura de dóces e en Arbo hai dous que non faltan estas festas. Un é a torta de roxóns que sae na foto e outras son as torradas de viño. Se queres saber como se fai a torta de roxóns hai varias receitas e podo dicir que non se nota o sabor a porco por se alguén é escrupuloso. Receita 1. Receita 2. Receita 3.

As torradas de viños son máis sinxelas de facer.

Etiquetas:

12 comentarios:

Ás 29/12/11, 17:36 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Nós chamámoslle tarta de chicharróns, a miña avoa facía unha boísima!! E dos meus doces preferidos.

Felices festas meu!!
Un biquiño moi grande
m*

 
Ás 29/12/11, 18:36 , Blogger Concha L. F. dixo...

Lembro a torta de roxóns da miña avoa. Pero pasou xa tanto tempo!

Boa entrada en 2012 e felices Reis!

 
Ás 29/12/11, 19:56 , Blogger Dilaida dixo...

Pois si que está boa a torta de roxóns.
Feliz Aninovo
Bicos

 
Ás 29/12/11, 21:24 , Blogger mfc dixo...

Hummm... vou nessa tarte de rojões!!!
Eu levo o vinho... combinado?!

 
Ás 30/12/11, 09:45 , Blogger matrioska_verde dixo...

ten moi boa pinta esa torta pero cos polvoróns teño abondo.

xa collín algún kilo no que vamos de datas...

¡¡deus do ceo!!

biquiños,

 
Ás 30/12/11, 21:33 , Blogger Peke dixo...

Feliz 2012!

 
Ás 31/12/11, 20:21 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Nunca a probei, pero espero que haxa tempo para todo.

Hoxe somentes deixarche aquí o desexo de que o ano que entre traia boas cousiñas para LEO E OS SEUS

 
Ás 31/12/11, 20:38 , Anonymous Anónimo dixo...

Que teñan todos un feliz ano!
(por certo, comeza o segundo da nena)

 
Ás 31/12/11, 20:39 , Anonymous Anónimo dixo...

Hai ben anos que non cato a torta de roxóns, nin me lembraba dela

 
Ás 01/01/12, 12:41 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Nunca escoitara falar dela, pero tenme moi boa pinta; así que direille á miña tía S. (ela é a raiña maga dos meus caprichos) que se poña mans á masa con ela.

E viña tamén a desexarche unha feliz cabalgadura por este 2012 que xa irrumpiu nos almanaques. Espero coincidir en algún trote contigo.
Apertas de Antas

 
Ás 01/01/12, 22:10 , Blogger xenevra dixo...

Iso si que é boa festa!!!que non se perdan os costumes propios.

Feliz 2012 para toda a familia.

 
Ás 02/01/12, 01:20 , Blogger mfc dixo...

Um grande grande ano para ti com tudo de bom
Um abraço.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio