leoeosseus

sábado, 5 de maio de 2012

Festa da lamprea 2012


Outro ano máis Arbo celebra a festa da lamprea e haberá que comela e ben a gusto que quedo.
Como xa puxen algunha foto dese becho que nin á súa nai lle gusta a súa cara pois este ano poño o debuxo da rede con toda a súa nomenclatura. Xa sabes, para que non se perda isto. Esta rede ponse amarrada a unha especie de peiraos de pedra que se adentran no río e chaman pescos ou pesqueiras e que son antigos. Actualmente son propriedade de Fenosa mentres non constrúan un novo encoro e desaparezan afogados despois de levar dous mil anos en pé nalgún caso.
Pois nada, a desfrutar da lamprea mentres se poida !.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 01:12, 06/05/12 , Blogger Antón de Muros dixo...

Bo proveito.

Saúdos.

Antón.

 
Ás 01:33, 06/05/12 , Blogger Dilaida dixo...

Pois que che aproveite e que vos dea un respiro a choiva.
Bicos

 
Ás 02:29, 06/05/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

hai tempo vira unha reportaxe na televisión, onde se amosaba o xeito de pescar as lampreas con esa "nasa" tan peculiar...

eu nunca probei a lamprea. (din que ou te entusiasma ou a aborreces)

 
Ás 13:53, 06/05/12 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Cando eu era un rapaz que o único peixe que comía eran unhas poucas troitas do rio Tuela collidas a man nos meses de Xullo e Agosto, e algunha pillada no Nadal, por meu pai e un tiu del, coas "manxoeiras" trebello igualiño que estes da lamprea, pero mais pequenos. Seguro que aqueles tiñan a sua orixe nestes.
As fames era o que tiñan.

 
Ás 20:33, 06/05/12 , Blogger Peke dixo...

En fin, nunca a probei e son moi maior para empezar. Ten unha pinta...

 
Ás 23:39, 06/05/12 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Bom proveito. Comi uma vez e não gostei.
Por aqui hoje se festeja o dia da mãe.
Entãoi dê por mim um abraço a sua senhora.
Um abraço e boa semana

 
Ás 13:49, 07/05/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

cantos nomes tén o aparelliño de marras.

eso, que non se perda o costume.

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio