leoeosseus

xoves, 21 de xuño de 2012

Ourizos cacheiros


Hai un mes falaba Aldabra do caso dunha gaivota que fixo o niño na beirarrúa do aparcamento do traballo. Non sei como seguirá o asunto pero nese momento foi unha nova ben curiosa para min.
E aquí na Torredocaminho onde traballo eu apareceu un ourizo cacheiro grande haberá un par de meses que pasea polo almacén con tranquilidade e sen medo dos humanos. Hoxe descubrimos que o tal becho non é cacheiro que é cacheira e que ten dúas crías polo menos. Unha está retratada na man do xefe e así saiu que non se me deixaba fotografar.
A ver canto dura esta curiosa familia. Por parte do xefe non hai problema que seica estes animais cazan ratos e nunha fábrica de alimentos animais teñen traballo abondo.

Etiquetas: ,

5 comentarios:

Ás 23:55, 21/06/12 , Blogger Dilaida dixo...

Son uns animais moi benficiosos e non molestan a ninguén. Eu tamén teño un ou máis na finca, non sei cantos son porque só se ve un de cando en vez, pero xa leva varios anos.
Bicos

 
Ás 09:23, 22/06/12 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Pois coidádea, e xa irás contando as aventuras e desventuras.

 
Ás 11:14, 22/06/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

encántanme os ourizos... son moi bonitiños, lástima que teñan púas e non se poidan acariñar.

contarei da gaivota no blog.

biquiños,

 
Ás 17:12, 22/06/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

parece que é máis habitual do que parece que os animais salvaxes se acomoden a vivir entre os humanos...

 
Ás 16:02, 24/06/12 , Blogger mfc dixo...

Só vi até hoje um casal que estava em pleno acto reprodutivo debaixo da minha caravana... altas horas da noite!!
E não imaginas como bufavam os dois!!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio