leoeosseus

martes, 28 de agosto de 2012

Todo son voltas



Estamos metidos nun círculo inmenso e todo dá volta e xira sen fin e así repetimos e recreamos o xa feito e vivido anteriormente. A Volta ciclista pasa por Vilaguindastre pero nós damos unha volta por outra parte onde semella a volta aos anos da fame cando se roubaba o sementado nos campos.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 08:04, 29/08/12 , Blogger Sun Iou Miou dixo...

É frecuente iso nestes anos: a xente pasa un traballo inmenso a plantar, sachar e cuidar os campos (para que non estean abandonados ás silvas) e despois vén un listo e lévao. Xa vin algúns chorar por iso.

 
Ás 12:31, 29/08/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

roubase de todo, e o que nos quedará aínda por ver.

biquiños,

 
Ás 15:59, 29/08/12 , Blogger Peke dixo...

Iso lémbrame uns gandeiros que hai aquí que levan as vacas a pacer a calquera campo que lles pete. Cando o antigo dono da nosa leira lles dixo que polo menos pedisen permiso, un deles contestoulle con toda a retranca do mundo: E logo, vostede quere a herba para algo?
Aledeime unha barbaridade cando lle mercamos a leira e a pechamos porque non me facía ningunha graza ter vacas (grandes como son) xusto pegadas á casa.

 
Ás 20:02, 01/09/12 , Blogger mfc dixo...

Estragar é pecado... já dizia a minha avó!

 
Ás 22:34, 02/09/12 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

O cartaz é magnífico!!!

 
Ás 11:40, 04/09/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

E eu penso quen roubará o millo...! se agora parece que só o plantan para o gando.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio