leoeosseus

luns, 24 de setembro de 2012

Décimo quinto mes


Comezou o outono con forza e coincidiu cos primeiros quince meses de vida de Xela.
A xoubiña espabila con rapidez e xa anda lixeira e ata quere correr. Vai saudando á xente, a cans e a coches e manda bicos polo aire. Asinte coa cabeza e dá golpes no peito cando mira unha foto súa explicando que é ela a da foto. Quere subir e baixar escaleiras ela soa e fuchica e foza en todo canto hai. Está pasando malas noites porque lle están a nacer os últimos dentes de leite que son os cairos e algunha moa. Gústalle a música, a tele e os sitios onde hai acción e estes días coas festas de Vilaguindastre está no seu ambiente.
Que siga así !.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 22:35, 24/09/12 , Blogger Dilaida dixo...

Pois tes razón, que siga así, que está preciosa.
Bicos

 
Ás 23:54, 24/09/12 , Blogger Cuspedepita dixo...

Está na época máis linda, cando aínda teñen cariña de bebé pero xa fan moitas cousas eles sós.

Biquiños para ela e o seu irmán, que está feito un mozo xa :-))

 
Ás 07:59, 25/09/12 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Está cada dia mais bonita. Que Deus a proteja.
Um abraço

 
Ás 15:14, 25/09/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

sí, que siga así. Sana, linda, lista.Que sigades vós disfrutando de vela medrar, e nós, compartindo contigo.

 
Ás 20:12, 25/09/12 , Anonymous peke dixo...

Polo que contas e polo que se ve, xa podedes estar contentos con ela, xa. Dá xenio vela! :)

 
Ás 13:55, 26/09/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

saiu rebuldeira.

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio