leoeosseus

mércores, 10 de outubro de 2012

Xela comunicándose



Esta xoubiña non para e quere comunicarse cos demáis e estar en todo. Vai dicindo " a " a todo que é o seu xeito de dicir " ola " e despóis di " ao " para despedirse. Tamén tararea algúns anacos de cancións e imita bailes. Cando menos o penses xa está detrás túa para repetir o que fas ou facer algunha das súas que basta que lle recrimines algo para que o volva facer. Quere vestirse soa, calzarse, subir escaleiras ou cadeiras ou paredes; o caso é agabear por onde sexa. Empeza a botar carreiriñas e quere chimpar. Vai atrás de pelotas e coches de xoguete e pasa páxinas de libros. Encántalle sinalar as fotos que hai penduradas pola casa e despegar algunhas tamén. Desmonta os mobles dos libros, dos CDs e dos DVDs.
Vaia, que non hai momento de paz co ela. Non sei de onde saca tanta forza a ratiña.


Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 01:42, 10/10/12 , Blogger fonsilleda dixo...

Chegará lonxe. Bicos.

 
Ás 10:17, 10/10/12 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Se a ves o outro día no columpio de Pío XII, parecía unha "camicace", que non facía máis que botarse ao baleiro! Uxía estoupaba coa risa...

 
Ás 10:19, 10/10/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

vamos, que non vos aburrides...

é incríble como lles gusta os rapazolos e rapazolas os aparatellos tecnológicos: móbiles, ordenadores... os manexan estupendamente.

biquiños,

 
Ás 16:23, 10/10/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

como se abre paso...!
Está linda e espabilada, ten razón Aldabra: non tedes tempo de aburrirvos.

 
Ás 20:40, 10/10/12 , Anonymous peke dixo...

Como medrou!

 
Ás 10:03, 15/10/12 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Xela está uma gracinha.
Que Deus a abençoee lhe dê inteligência e sabedoria para transformar em rosas os espinhos que a vida lhe apresente.
Um abraço

 
Ás 08:39, 19/10/12 , Blogger Concha L. F. dixo...

Cousa bonita, esta nena! E o Leo, feito un mozo! Así dá gusto!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio