leoeosseus

domingo, 25 de novembro de 2012

Aclarando termos

 
 
 
 
Cada vez que vou a Arbo quedo marabillado coa riqueza de galego que posúe a bisavoa Celia. Cando falou dun lobo que mirou nunhas veigas dixo que se " afastou " no camiño. Despóis falando de porcas dicía que non se podían matar cando andaban " ao cío ". E así podería seguir eu cada semana.
Nótase que estamos nunha comunidade complexa lingúisticamente falando e así hai veces que hai que aclarar termos, tanto en galego coma en español. Polo tanto non é de extrañar que se poñan por Vilaguindastre adiante cartaces escritos en galego explicando que "mexo" é orina ou que Flora aclare o termo español escuro e descoñecido "pavo" que sería o que todo o mundo mundial coñece por "perú".
 


Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 00:42, 26/11/12 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Que sorte poder aínda aprender coa bisavoa!!

Um biquinho moi grande, moi grande
m*


(por certo, "peru" -sen til- é pavo em português, se cadra a tal Flora é além Minho)

 
Ás 11:23, 26/11/12 , Blogger Os Tartarouchos dixo...

Eu penso que efectivamente, ademáis de ter un país moi rico e no que hai moitos localismos, que non fan senón enriquecer, o que nos pasa é que os novos perdemos moitas desas palabras por castelanismos ou desuso no camiño.

De pequena lembro como meus tíos se rían das palabras que usaba miña avoa connosco: escornabois, papanatas, binchoca,... eu nunca me atrevín a falar galego na miña terra porque aínda recordo aqueles comentarios dicíndome que como me ía gustar tal cousa se era horrible, e ademáis inventaban palabras,...

Eu teño verdadeira admiración pola xente que conserva non só coñecementos senón termos relacionados coa vida no campo e co entorno máis próximo e que eu descoñezo totalmente.

Gozade desa bisavoa e aprendede moito dela.

Biquiños!

 
Ás 13:33, 26/11/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

hoxe as dúas palabras as coñecía, pero non aprendidas na terra da infancia, se non nos libros...
:-(

 
Ás 16:36, 26/11/12 , Blogger Dilaida dixo...

É moi triste que moitos galegos non saiban valorar a fermosa e rica lingua que nos foi dada polos nosos antergos.
Bicos

 
Ás 16:49, 26/11/12 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Carafio!, esa aclaración é bestial. Mais para min averiguar que os camioneiros transportan os mexos en botellas, é xenial.
Apertas.

 
Ás 19:53, 26/11/12 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

É amigo os dialetos locais são uma delícia mas às vezes vemo-nos em palpos de aranha para saber o que querem dizer.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 08:36, 27/11/12 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Menos mal que publicaches ti o cartel dos camioneiros...
Mira que paso veces por alí, e sempre sen cámara. É mundial, e o máis curioso é que estando nun sitio onde aparcan transportistas de todas partes e moitos de fóra, aínda así o puxeran en galego. Quen sería?

 
Ás 11:59, 27/11/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

xamais oín eso de perús, na miña vida... o de mexo sí que o coñezo.

biquiños,

 
Ás 12:09, 27/11/12 , Anonymous peke dixo...

Non sabía que os camioneiros fosen tan porcos.

 
Ás 16:02, 27/11/12 , Blogger J Cima D Vila dixo...

O galego canto maior é a persoa ou máis contacto tivo con xente maior, como un veciño meu duns 50 anos que fala un galego moi xenuìno, mellor. A cuestión é a de sempre a castelanización do galego polo influxo dos media. Comezo a cuestionarme se a estratexia do reintegracionismo non é máis acertada.

 
Ás 01:35, 01/12/12 , Anonymous Pinto. dixo...

home.... o do mexo, no sur da provincia de Pontevedra eche ben conhecido. Achaba que no resto do país tamén!!

 
Ás 14:50, 01/12/12 , Anonymous Reintegrata dixo...

E isso tudo que indica aí não é simples português direito?? A ver se vai ser que o galego e o português são a mesma Língua !!

 
Ás 14:57, 01/12/12 , Anonymous Reintegrata dixo...

Ai, ai, ai: a ver se vai ser que o galego genuíno é simples português ...!! ;DD

 
Ás 15:15, 01/12/12 , Anonymous Reintegrata dixo...

"quanto mais português é o português e mais galego é o galego, mais vêm a se assemelharem" - Rafael Dieste

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio