leoeosseus

xoves, 20 de xuño de 2013

Apalpando a crise


Onte notei máis que nunca a crise. Había pintadas e acampados diante dunha fábrica, pechou a penúltima sucursal de Novagaliciabanco en Vilaguindastre e a última estaba asediada por afectados das preferentes. Na rúa eu collía conversas polo aire de contratos fin de obra, de axuda familiar, de ESO necesario para traballar e de ERES, de baixón de pedidos, etc. Vaia, unha situación alarmante.
Así ata agradecín toparme cunha pobre chica que se pon de leria comigo de cando en vez e que desta volta me falou da súa novela de vinte páxinas titulada " El aullido del lobo " que lle mercou o anterior alcalde por vinte euros e que, seica, o malandro quere publicala no estranxeiro.
Triste está dicilo pero esta muller foi un claro no medio da tormenta que nos arrodea.

Etiquetas: ,

2 comentarios:

Ás 02:33, 24/06/13 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Hoxe pasei por diante deste "campamento" do persoal de BIOFABRI, e púxome os pelos de punta.
Nós temos moita sorte (de momento), pero isto pinta moi mal.

 
Ás 01:29, 05/07/13 , Blogger Paz Zeltia dixo...

xa é imposible ignorar a crise.
vai tocando todos os paus.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio