leoeosseus

xoves, 7 de novembro de 2013

A " Leopedia "


O Leo leva uns días que nos está a sorprender. Hoxe mesmo leveino á perruquería e aguantou bastante ben o asunto. Tamén inflúe que lle puxeron a tele para entretelo.
Onde máis se nota é á hora de ler e escribir. No verán apenas leu e escribiu mui pouco e mui mal pero agora le muito e rápido ( graciñas, Pupi ) e aparte escribe ata que lle doe a man e non é unha frase feita.
Agora mesmo está escribindo unha especie de enciclopedia que eu chamo a "Leopedia" e xa leva dezaseis páxinas onde fala de todo un pouco. Encantoume o final da páxina 13 onde explica como son as persoas. Vouno transcribir porque na foto ao millor non se apreza.

AS PERSOAS
as persoas somos nosotros cubiertos de pel, carne, osos
fumos o primer inbento

Outro día seguirei coa " Leopedia ".

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 22:40, 07/11/13 , Blogger Alís dixo...

Qué xenial esa Leopedia, pero máis xenial é a súa definición de persoas.
Supoño que xa o tes pensado, pero garda ben eses escritos, porque vale a pena.

Bicos

 
Ás 11:55, 08/11/13 , Anonymous peke dixo...

O de que fomos o primeiro invento fíxome moita graza.

 
Ás 19:33, 10/11/13 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Muito interessante. Vai ver que o Leo ainda vai ser um famoso escritor.
Um abraço e ums boa semana

 
Ás 15:13, 12/11/13 , Blogger Paz Zeltia dixo...

todos os meus respetos para Leo!
...
non sabería eu que poñer véndome diante desa Leopedia!

 
Ás 20:09, 17/11/13 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Toda unha declaración de principios, si señor!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio