leoeosseus

venres, 21 de marzo de 2014

Premios amañados ?


Na biblioteca de Vilaguindastre hai unha exposición de fotos de viaxe e a que gañou non me pareceu a millor. Ao millor eu non sei ou foi un amaño. Non sei.
Fixándome nas outras fotos dei con esta que se titula " Cagallóns na auga ". Eu supoño que se referirán a cágados que son as crías das ras que semellan culleres. Anque cagallóns tamén pode ser outro nome que eu descoñeza como o de " caghofe " que lembrei que din por Salceda de Caselas.
Dedico este posteo a eses profesores que dan coñecemento do medio en seudogalego ou español directamente.

Etiquetas: ,

3 comentarios:

Ás 22:12, 22/03/14 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

A eses profesores había que darlles, precisamente, o título de DEScoñecedores do medio. E coa rúbrica de Feijoo, iso ten que ter moita valía dedios...

 
Ás 23:09, 22/03/14 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que giro. Cágados em português são tartarugas de água doce. As crias das rãs se chamam girinos.
Um abraço

 
Ás 20:46, 28/03/14 , Blogger Alís dixo...

Tamén lle chamábamos cágados na aldea e moitos temos collido cando nenos.

Tenme pasado en máis dun concurso de fotografía, que o meu gusto non coincide co do xurado e sin entender moito de fotografía tampouco me parece que a gañadora sexa especial técnicamente. Eles saberán. Son persoas as que deciden e, como tal, subxectivas.

Unha aperta

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio