leoeosseus

xoves, 1 de xaneiro de 2015

Feliz 2015


O último día do ano 2014 pasámolo en Arbo. Xogamos dous bingos que gañou o avóM. Comín ben as uvas mentres Leo comía uvas envasadas que lle gustaron tanto que comeu tres botes, ou sexa trinta e seis uvas. En cambio Xela non quixo uvas. A bisavoa Celia tampouco comeu uvas así como a avoaM que non estaba ben. A avoaE, avóM e Naideleo cumpriron tamén co rito das uvas.
Despois fomos á galería a mirar os foguetes que lanzaban os de Cardalama, os do Barriño e os do Pouso. Tocou ir para cama pero os nenos estaban desvelados. Logo apagamos as luces e quedamos durmidos mentres soaban os foguetes en Portugal.

Agardo un feliz 2015 para todos !.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 16:11, 02/01/15 , Anonymous Rosa Varela dixo...

LENDO O ARTIGO SENTÍN COMO SE ME ESTIVESEN CONTANDO UN CONTO. VOLVÍN Á INFANCIA. GÚSTAME O XEITO EN QUE ESTÁ ESCRITO E O QUE CONTA, MÁXICO.
FELIZ 2015!!!

 
Ás 19:29, 02/01/15 , Anonymous peke dixo...

E así, todos tomamos as uvas convosco. Feliz 2015!

 
Ás 20:08, 02/01/15 , Blogger Raposo dixo...

Feliz 2015 para ti e os teus!!

 
Ás 23:53, 11/01/15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

vexo un fin de ano moi familiar, modalidade bingo en vez de "Escoba" ou "parchis" :)
Na casa adoitamos xogar ás "películas" coa mímica. Cantaar co karaoke, cousas así
Pero este ano estiven de enfermeira... inda así preparei unha cea bonita e tomamos as uvas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio