leoeosseus

domingo, 28 de xuño de 2015

Finalizando xuño


Nesta quincena que rematou traballei de noite e non puiden probar as sardiñas de san Xoán nin o chouripán.
Supoño que arderían as fogueiras e que se roubaría algún carro e algunha cancela.



O que si houbo foi atentados por ese mundo adiante.
Nesta pintada explica o que se debe facer cos extremismos.


Puiden dar algún paseo e fotografar o río Tea na Freixa. O que me fixo lembrar o que dixo un compañeiro do choio con respecto ao rapaz afogado no Miño: " A min non me gusta a aghua nin o aire; eu quero pisar onde pisa o boi. "

Etiquetas: , ,

1 comentarios:

Ás 10:24, 09/07/15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Este ano non houbo lume de San Xoán tampouco para min. Ese día practicáronme unha artrocentesis e unha infiltración. Agora o xeonllo xa non me doe, pero ando con probas médicas que me teñen desacougada. (Sonche algo hipocondríaca)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio