Kiwiños e fatóns
Vaia agosto mollado que levamos !. A xente ten medo a que pudran as uvas pero os kiwiños e os fatóns xa se salvaron e están preparados para comer. Os kiwiños están verdes claros e en poucos días póñense verdes escuros e listos para comer co seu sabor mistura de kiwi e figo.
Estes días Xela vai a perruquería, estamos facendo reencontros coa xente do ano escolar e vellos amigos que preguntan por este blogo que vai tirando mal ou ben.
E hoxe houbo " película " coa actuación de ambulancia, Guardia Civil, policía local, forense e servizos funerarios para ( unha veciña ) un veciño.
A vida segue coas súas sorpresas.
Etiquetas: natureza VII
4 comentarios:
Não conheço os Kiwiños. A princípio pensei que seriam Kiwis, mas com a leitura do post, fiquei sabendo que não. Fatons, são Abrunhos em Portugal. E por aqui continua sem chover, com um calor que parece não acabar nunca.
Um abraço e bom fim de semana
A cousa é así: fóronso indo algúns coñecidos e famosos ao outro barrio, onde nunca máis se volve, e nós seguimos aquí, degustando as froitas estivales, a ser posible directamente da árbore. Todos os setembros eu apaño figos e uvas na horta da miña aldea, e no verán comín melocotóns, ameixas, peras, pexegos...
Xela está moi linda. Ao leíño vémolo menos por aquí, vese que está máis tranquilo e que agora o protagnonismo é da irmá con esa personalidade arrolladora que ten.
probei eses "kiwiños" por primeira vez! son ricos, doces, refrescantes. Lembreime de ti ao velos (só os vira no teu blog)
Os de este ano soubéronme demasiado dóces para o meu gusto e habería que engadir outro sabor na mistura de kiwi e figo que é o de uva.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio