leoeosseus

luns, 1 de febreiro de 2016

Paz e arxón

 
 
O sábado foi o día da Paz e o venres no cole tiveron a charla do pintor sirio Ali Ali. Aparte escolleron os alumnos de cada clase ao compañeiro que merecería o Nobel da Paz. Leo quedou en bo posto pero o bo foi que votou por el a que conseguiu o premio. O blogueiro Brétemas fala dunha pacifista galega que ben merecía ese título por estar tantos anos diante da Casablanca protestando pola política militar dos EEUU.
 
 
No meu traballo non merecemos o Nobel da Paz porque non somos cen por cen bos e ata nos insultamos pero en broma. Un insulto que circula pola fábrica é " arxón " que eu, na miña ignorancia en asuntos agrarios, pensaba que era burro por " arre " e " xo " dito xunto.
Preguntei o que significaba e os meus veciños da Louriña saben o que é e dixéronme que eu pouco traballaba no campo. Seica é o pau que guía as prantas trepadoras como no caso da foto cunha roseira. Preguntei en Arbo se sabían que era un arxón pero alá chámanlle estaca. Tamén no Salnés existe esa palabra.

Etiquetas: , ,

6 comentarios:

Ás 22:03, 01/02/16 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Pena que só haja um dia da Paz, mas está de acordo com o que se passa pelo mundo que Paz é coisa que não tem.
O pau que ampara as trepadeiras em Portugal chama-se estaca
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 15:38, 04/02/16 , Blogger Ana Cosque dixo...

No Morrazo os arxóns son pólas de salgueiro que se lles poñen principalmente ás xudías e ós chícharos (para nós ervillas)

 
Ás 20:57, 04/02/16 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Ogallá tivésemos nós un arxón para que nos guíe cando andamos medio perdidos...

Unha aperta

 
Ás 22:11, 04/02/16 , Blogger Raposo dixo...

Pois eu nunca a escoitei.

 
Ás 19:43, 06/02/16 , Anonymous peke dixo...

Eu tampouco a escoitara nunca.

 
Ás 09:55, 17/02/16 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Na miña aldea tamén lle chaman estacas. Bueno, agora coa influencia do castelán e os rótulos das tendas, tamén de internet, algúns xa lle din "tutores"

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio