leoeosseus

venres, 4 de marzo de 2016

Noites a choiar


Tócame traballar de noite unha tempada e hai que ilo levando. Menos mal que hai compañeiros faladeiros e simpáticos que contan chistes e anécdotas.
Un deles estaba farto dun compañeiro xa xubilado que non paraba de gabar o seu can que traía o periódico, que fai tal, que facía cal, etc. O can rematou por morrer e o dono seguía a gabalo entón un dos Aleghres díxolle:  -  " Pois eu tamén tiña un bo can que facía de todo e morreu electrocutado ". - " E como ? "- preguntou o xa xubilado abraiado. - " Pois estaba a arreglar o televisor ".
Cando paramos de rir outro dos Aleghres lembrou outro conto de gabar cans. Vai un e di: - " O meu can di " Buenos días " e respóndelle outro " Iso non é nada. Teño unha lata na casa que di Melocotón en almíbar ".
Tamén contaron dun día que ían á casa dun compañeiro da mili e polo camiño topáronse cunha muller cun brazado de herba e con muito pelo na cara e díxolle o Aleghre ao compañeiro da mili: - " Mira unha muller con bigote ". O compañeiro da mili díxolle: - " É miña nai ". O Aleghre non se cortou e remendou: - " Pois que ben lle queda o bigote ".

E así pasamos a noite... e traballando tamén.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 04/03/16, 19:05 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Com alegria o trabalho até se faz melhor. Em Portugal, quase todas as anedotas que se contam tem por base os alentejanos
Aqui lhe envio uma...

Para testar a personalidade de um alentejano, o dono da empresa mandou pagar 500 euros a mais no salário dele.
Os dias passam e o funcionário não diz nada.
No mês seguinte, o patrão faz o inverso: manda tirar 500 euros.
Nesse mesmo dia, o funcionário entra na sala para falar com ele:
- Engenheiro, acho que houve um engano e tiraram-me 500 euros do meu salário.
- Ah?! Curioso porque no mês passado eu paguei-lhe 500 euros a mais e você não comentou nada!
- Pois, mas um erro eu ainda tolero; agora dois acho um abuso!

Um abraço e bom fim de trabalho.

 
Ás 04/03/16, 19:06 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Bom fim de semana, era o que queria dizer.
Desculpe

 
Ás 05/03/16, 12:37 , Anonymous peke dixo...

Así o traballo faise máis lixeiro.

 
Ás 06/03/16, 13:06 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Certo día un automóbil pasou pola estrada na que á beira ía camiñando un can e a certa distancia ía un home. Ao pasar o coche á altura do can, o chófer sen querer deu un volantazo e atropelou ao cadelo. Morreu no acto.
Cando o camiñante chegou á altura do accidente quedouse absorto mirando o can morto, e mirando para o condutor do coche que se detivera, dixo: Que desgraza máis grande. Vostede non sabe o bo que era.
O chófer, tratando de paliar o mal, sacou a carteira e estendeulle un billete de cen euros ao paisano. Éste colleunos dicindo. Non hai cartos que paguen a perda.
O chófer sacou outros 50 e deullos ó tempo que manifestaba que el non tivera a culpa, que fora o can o que invadiu a estrada...E coa mesma, montou no coche e marchou.
O paisano quedou estático, cos 150 euros na man; e mirando para o can morto dixo en alta voz:
E de quen carallo sería este pobre can?

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio