leoeosseus

mércores, 7 de setembro de 2016

Cagho en Marie Kondo


Non é unha mudanza, non. É obra dunha rapaza xaponesa que racha cos piñeiros porque inflúe en muita xente a nivel mundial. Esta rapaza fala e escribe sobre ordear e arrombar a casa para aproveitar espazo. Un exemplo: hai que tirar a primeira hora e, se estás no verán, empezar pola roupa de inverno. Naideleo entrou na súa onda e alá estivemos a desbotar roupa vella. Foron máis de dez bolsas como as da foto e non foi tan duro como pensaba. Hai que ver a cantidade de trapallada que se xunta !.
Isto faise coa roupa, con libros, con aparatos estragados, con fotos, con folletos e demáis papelería, etc.
Bueno, por tirar roupa paso pero no caso dos libros vai ser que non.

Etiquetas:

1 comentarios:

Ás 19:37, 10/09/16 , Anonymous Anónimo dixo...

Non coñecía á rapaza esa, vou ver se aprendo algo porque de espazo precisamente non andamos sobrados na Selva :)
Ah, os libros son outra historia.
Saúdos.
X

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio