leoeosseus

xoves, 3 de novembro de 2016

Os Perotes


As pelexas entre rapaces destes días en Lugo fanme lembrar as miñas pelexas. Cando vivía en Vigo non lembro pelexar con ninguén pero foi chegar a Vilaguindastre con dez anos e empezaron as pelexas e burlas. Había unha banda de nenos que non tiñan pais ou non estaban na casa e eles botaban na rúa todo o día facendo falcatruadas. Eu chamáballe a uns a banda de Mariano e había outra de máis pequenos que o xefe era o irmán pequeno do tal Mariano e chamabamos a banda dos Goris.
Sempre se burlaban de min e do meu irmán porque eramos calados e iamos a casa dereitiños ao sairmos da escola. Varias veces encirraron contra min a E. " Foureñas " un neno da miña idade pero que zoupaba que metía medo e que, voltas que dá a vida, agora é amigo meu. Eu desas pelexeiras chegaba quente a casa pero aguantaba. Dunha volta mandaron a outro contra min pero desta vez fun eu o que lle zorreguei ao outro pero como era da banda deles dixeron que gañara e felicitárono anque sangraba e eu marchei sen mancadura pero coa cabeza gacha de perdedor.
O curioso é que nos chamaban a min e ao meu irmán Os Perotes que eu cismaba se tería que ver con nenos pera ou repipis. Pasou o tempo e buscando nun dicionario descubro que é unha palabra galega que significa " diablillos ".
Mira por onde, ou sexa que os cuitados e os pimpíns eramos uns demiños para eles. Manda truco !.

En fin. Na foto está Rodri de Vigo e Os Perotes nos setenta e pouco.

Etiquetas: ,

6 comentarios:

Ás 19:55, 04/11/16 , Blogger Ana Cosque dixo...

O da dereita parécese sospeitosamente a Leo!

 
Ás 21:23, 04/11/16 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

As crianças de hoje, não são muito diferentes das crianças de ontem.
Um abraço e bom fim-de-semana

 
Ás 19:39, 05/11/16 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Unha foto ben típica arrimados ao que foi o meu coche soñado (e que nunca tiven): o 1430 (porque é, verdade?)

Apertas

O meu posteo de hoxe responde namais a un dos primeiros días de outono encerrado na casa pola choiva. Ben sei que son algo retorcido no escribir; pero sáeme así a cousa...jajajaja

 
Ás 22:52, 05/11/16 , Blogger paideleo dixo...

Pois non sei se era un 1430 ou un 124 pero tampouco era noso.
No teu posteo parecía que te despedías.
Alédome que fose un malentendido meu.
Que sería do blogomillo sen ti ?.

 
Ás 19:40, 13/11/16 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Graciñas pola sobrevaloración que me fas, Paideleo.

 
Ás 11:59, 14/12/16 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Que historia máis chula.
(pregúntome que fai o Leo nos 70's apoiado nun... Seat1430?

:)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio