leoeosseus

sábado, 8 de maio de 2021

Fin da conta atrás

 

Hoxe remata o estado de alarma e remata o toque de queda. Faltan menos de dúas horas para que bote foguetes máis dun. A xente xa pode estar de noite fóra da casa e xa se poderá circular entre autonomías sen problemas. Só espero que non haxa muito desmadre e que a peste esta non se desboque e non aparezan máis variantes dela que a india, por exemplo, vén bastante rabiosa. E tamén  espero que vaian vacinando á xente que falta por levar o xeringazo. O uso das máscaras seguirá por un tempo indefinido difícil de calcular pero,para min, que estaremos o que queda de ano con ela posta. Xa mirarás.

 

Poño foto da conta atrás na tele o outro día e dun luminoso na autovía cunha mensaxe que lle queda pouco tempo de vida.

Etiquetas:

1 comentarios:

Ás 21:49, 09/05/21 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Por aqui já estamos assim desde o dia 3 de Maio.
Abraço, saúde e boa semana.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio