Páxinas

venres, 18 de agosto de 2006

Lembranzas do centro de saúde



Hoxe Ana ten revisión no centro de saúde. Supoño que todo irá ben. Do centro de saúde podo dicir que a primeira vez que fumos estaba a señora da foto vendendo cruasáns na porta mentes lía unha biblia. Tamén había carteis receitando respeito para os empregados sanitarios por parte dos pacientes e tamén lin un artigo dunha blogueira nun periódico deses gratuitos.

Hai que ver o coco o que lembra.

Boa fin de semana.

11 comentarios:

  1. ola!

    unha ledicia volver a verte polo blogmillo!

    seguireite decote

    unha aperta postvacacional

    ResponderEliminar
  2. Iso é o coco dos humanos, que dávos moitas voltas, :)

    saúdos

    ResponderEliminar
  3. Supoño que non é mal negocio venderlles cruasáns aos que saen de facer as analíticas sen ter almorzado ou aos que entran a polas receitas das pastillas para o colesterol :D

    ResponderEliminar
  4. Que vaia ben o da revisión... e que siga chovendo. Boa fin de semana!

    ResponderEliminar
  5. por certo, moi guapiño o rapas :)

    ResponderEliminar
  6. moita sorte na revisión. E mandade saudos a Leo se é que toca ecografía e podedes verlo!!

    ResponderEliminar
  7. Non vos pasa que estades desexando verlle a cariña ao Leo? A min era o que máis me tardaba.

    ResponderEliminar
  8. Se a mente lembra iso, é que o demais vai ben…

    ResponderEliminar
  9. Un saúdo, paideleo. Que todo vaia ben. :-)

    ResponderEliminar
  10. Todo saiu ben e mirámoslle a cara a Leo. Ten unhas bembas coma os pais e do resto todo ben. O médico foi mui agradable e explicou todo ben.
    Graciñas polo interese e saúdos a todos.

    ResponderEliminar
  11. a foto da rosquilleira...
    moi auténtica,
    gustoume

    ResponderEliminar

És humano ti ?