Páxinas

luns, 21 de agosto de 2006

Embotellando



O venres foi todo ben no centro médico. O médico foi mui agradable e bromeou con Leo. Explicaba as imaxes e cantaba mentres traballaba. Á noite ceamos nunha marisquería coa miña irmá e o meu cuñado.

Como Ana estaba ben o sábado fomos a Arbo a axudar a embotellar ós pais e ó avó Ricardo. Tranquilos que Ana non fixo muito esforzo que só puña as rollas na encorchadora.

O domingo fomos visitar ó noso cuñado que tiveron que operalo do intestino. Foi un bo susto pero non hai complicacións. Iso sí, pasamos a tarde cos sobriños e a xente miraba para nós como con mágoa; debían de pensar que xa tiñamos dous fillos e estabamos a esperar polo terceiro.

E así foi a fin de semana: movidita.

3 comentarios:

  1. bueno, mentres non vos xestionasen a petición de familia numerosa, hehehe...

    un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. auga, faiseme a boca auga ao pensar nun viño da terra artesanal.

    ResponderEliminar
  3. oh vaia, nin que eso fose unha mágoa!

    ResponderEliminar

És humano ti ?