Páxinas

xoves, 31 de agosto de 2006

O Leo pode nacer en calquera sitio



O día do nacemento de Leo está cada vez máis próximo e non deixo de pensar que pode ser no lugar máis raro posible. Cando imos a algures non podo evitar pensar que o Leo podería nacer alí. Ana ri e di que non é tan doado, pero....onte podería nacer en Valença, Portugal. O outro día no barco a Cangas...que sei eu.

Un saúdo e que veña ben que é o importante.

12 comentarios:

  1. Tes razón, o máis importante e que teña saude para poder disfrutar con todos ese xoguetes...
    Por certo para cando esperades que naza?.

    Unha aperta para os tres.
    :)

    ResponderEliminar
  2. Pois non veñas por Corme, que xa nos quitaron o médico, e os desplazados no teñen. Bicos pos tres

    ResponderEliminar
  3. así que xa para moi, moi cediño.... moita sorte!!

    saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Faille caso a Ana... e iso, que veña ben :)

    ResponderEliminar
  5. home! que non nacen tan rápido! mais quixeramos as mulleres, pero un parto pode durar moitas horas... Non teñas medo: Leo ha nacer nun hospital, e sen problema ningun.

    ResponderEliminar
  6. Estou certa de que ha nacer xenial e, en todo caso, se acabases tendo razón, sempre teredes unha historia divertida que contar :)
    É coña!
    Beixiños e a ver cando nos dades a gran noticia!

    ResponderEliminar
  7. Agardo a nova con expectación. Dentro de pouco xa poderás intercambiar experiencias de recente paternidade con Kiko Novoa e con Sihomesi. O blogomillo ten futuro!!! Un saúdo.

    ResponderEliminar
  8. Non vos preocupedes, seguro que todo vai saír ben. ;)
    Saúdos!

    ResponderEliminar
  9. cuns pais como vós estará a desexar coñecervos, unha aperta e que sexa unha hora curta.

    ResponderEliminar
  10. Parabens!!!!saera todo bem, bikiños!

    ResponderEliminar
  11. A data prevista é o quince de setembro pero xa se sabe que iso é máis orientativo que real.
    Xa sei que non é tan doado que o neno naza por aí adiante pero todos sabemos de casos de nenos que naceron en coches ou corredores de hospitais ou sitios máis raros aínda.
    Graciñas polas vosas palabras e a ver se Leo vén dun xeito tranquilo e controlado.

    ResponderEliminar
  12. tampouco nacería con tanta prisa, o final jajaja

    bueno, vou seguir percorrendo o blog outro día,
    a ver se vexo, onde chegou a nacer o leo!

    ResponderEliminar

És humano ti ?