Páxinas

mércores, 30 de agosto de 2006

Erros ortográficos



Unha das cousas que máis me desconcertan son os erros ortográficos que sei que temos todos ou case todos; pero o que me rebenta (de risa ou rabia) son os carteis á vista do público como este da foto que parece que nin a propósito pode escribirse isto.



Non vou dicir onde foi tirada a foto e espero que perdoes a súa calidade por querer ampliala.
O máis simpático é que había un coche aparcado.

6 comentarios:

  1. é que hai erros e erros...

    saúdos

    ResponderEliminar
  2. pois, eu non podo falar deste asunto que non so teño erros no galego espantoso que escibo, senón que nin galego é.

    ResponderEliminar
  3. Ese cartel está a chamar pola foto. Xa é demasiada casualidade que a única palabra ben escrita sexa "vienen"...
    A min tamén me doe abondo ver carteis tipo "Noya", "La Coruña" "Conjo" y demás...

    ResponderEliminar
  4. Está visto que hai erros, meteduras de pata e burradas e esta foto di muito da xente do lugar porque é esaxerado de máis.
    A min estrañoume o de ¨vienen¨tan ben escrito pero sería para resaltar.
    Os carteis de Noya, Sangenjo e afíns xa son doutra índole que todos coñecemos.
    Iso si, Torredebabel fai un sobreesforzo en escribir en galego que merece un aplauso do máis forte.
    Graciñas polos comentos e as visitas.

    ResponderEliminar
  5. Beven y veven, y buelben ha vever, las bacas en el río...

    ResponderEliminar

És humano ti ?