Páxinas

mércores, 16 de agosto de 2006

Sta Tegra, Valença e Tui


















Onte foi festivo e fomos de paseo.
Quedamos con Cris, Toño e María e fomos ó estranxeiro. Pasamos polo monte de Santa Tegra onde quedaban os restos da subida do domingo pasado en forma de manchas de viño. O vento sopraba con forza e as paisaxes son impresionantes co río Miño desembocando entre Moledo e Camposancos.
De alí marchamos a Valença do Minho onde María quedou abraiada coa fortaleza e que houbese tanto comercio dentro. Tamén lle gustou o tamaño do xelado portugués e o seu sabor.
De alí pasamos a Tui e pateamos as rúas de pedra e mostrámoslle a catedral a María. A xente estaba de procesión de san Telmo. Ceamos uns bocatas nun chiringo con vistas ó río e logo tomamos café no paseo da Corredoira. Empezou a caír pingas e liscamos.
E hoxe xa chove que semella Galicia.

7 comentarios:

  1. Aquí en Kompostela tamén xa chove. Bendita sexa esta auga!!!.

    Unha aperta.
    :)

    ResponderEliminar
  2. desfrutando do verán, eh?...que sorte!. Fermosa foto.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. ¿Vistes pra donde apuntan os cañons de Valença? Fermosa vila.

    ResponderEliminar
  4. Na Coruña tamén chove! Viva! :D
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  5. eu teño unha foto nese mesmo mesmo lugar. :-) deume moita alegría vervos aí!

    ResponderEliminar
  6. Metín a zoca porque a procesión era de san Roque e non de san Telmo.
    Os canóns apuntan para Tui pero tamén os hai apuntando para a muralla de Valença.
    Imos aproveitando que hai unha turista conosco para pegarmos unhas voltiñas pola terriña adiante. Vamos, a excusa perfecta.
    E esta chuvia vén caída do ceo para dar unha tregua a estes montes sufridos.
    Graciñas a todos polas vosas palabras e seguimos léndonos.

    ResponderEliminar
  7. unha paisaxe impresionante,
    encóllese un
    ante tanta beleza...

    moi de moverse vos vexo!

    ResponderEliminar

És humano ti ?