Páxinas

martes, 22 de agosto de 2006

O barco Vigo-Cangas



Preguntámoslle a David e María se foran en barco nalgunha ocasión pero o máis grande no que foron tiñan que ir descalzos e collían tres persoas. Decidimos que tiñan que coller o barco Vigo-Cangas para saber dun barco máis ou menos grande. Por suposto que lles encantou e miraron arroaces e todo. Desfrutaron coas ondas e a escuma branca que levantaba o barco e unha traíña que estaba adestrando converteuse nun barco pirata. Iso, que pasaron unha aventura naútica coma nunca pasaran.

4 comentarios:

  1. moita enerxía e maxia ten a primeira viaxe que un fai na vida. Pode que logo, co paso dos anos, cada quen a esqueza. Pero sempre haberá nese primeiro momento de relación co mar (ou o río, ou a ría...) unha chea de sensacións poderosas e marabillosas!

    ResponderEliminar
  2. Uf!... eu son un becho de montaña, iso dos chans en movemento lévoo bastante mal, :)

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. A verdade é que un acaba desfrutando e mirando as cousas con ollos de neno e é divertido.
    Hai que gozar que a vida real é demasiado dura.
    Graciñas polos vosos comentarios e gústame que desfrutedes tamén destes momentos infantís.

    ResponderEliminar
  4. xa ves con que pouquiño se fai unha grande aventura!

    ResponderEliminar

És humano ti ?